Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 14 de setembro de 2021 Páx. 45145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 31 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para ser notificadas por comparecencia no expediente sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia ANI-LU-0037/2021 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinala no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada Xefatura Territorial ten a súa sede na rolda da Muralla nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 31 de agosto de 2021

Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: ANI-LU-0037/2021.

DNI: 33994840N.

Acto notificado: acordo de inicio.

Expediente: ANI-LU-0042/2021.

DNI: 77110604118.

Acto notificado: acordo de inicio.