Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2021 Páx. 45007

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de notificación a titulares ilocalizables para lles lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas en San Pedro de Visma.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e/ou ignórase o lugar de notificación, ou resulta infrutuosa, e, polo tanto, a notificación imposible, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se relacionan, imposta polo artigo 22.1 da antedita Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Parcelas de titulares ilocalizables incluídas dentro do ámbito da parroquia prioritaria de San Pedro de Visma.

Ref. catastral

Parroquia

Ha afectadas

Liquidación provisional

Persoa responsable

15900A01400391

San Pedro de Visma

0,0518

45,32 €

Herdeiros de Eduardo Martínez Souto

15900A01400392

San Pedro de Visma

0,0495

43,31 €

Enriqueta Sande Canzobre

15900A01400549

San Pedro de Visma

0,0474

41,47 €

Herdeiros de José Martínez Souto

15900A01400550

San Pedro de Visma

0,0370

32,37 €

Herdeiros de Manuel Martínez Souto

5919104NJ4051N

San Pedro de Visma

0,0131

22,05 €

Zarabetos, S.L.

6122620NJ4062S

San Pedro de Visma

0,2905

490,62 €

Francisco Parga Vázquez

15900A01400197

San Pedro de Visma

0,0671

113,32 €

Herdeiros de Manuela Pardo Vázquez

15900A01300094

San Pedro de Visma

0,4028

1.428,26 €

Antonio Alvedro Blanco

15900A01400363

San Pedro de Visma

0,3695

1.310,18 €

Herdeiros de Eduardo Martínez Souto

15900A01400367

San Pedro de Visma

0,0314

53,03 €

Herdeiros de Eduardo Martínez Souto

15900A01400395

San Pedro de Visma

0,0265

23,19 €

Herdeiros de Juan Varela Martínez

4924306NJ4042N

San Pedro de Visma

0,0721

121,77 €

Herdeiros de Luis Maceiras Rodríguez

4924307NJ4042N

San Pedro de Visma

0,0698

117,88 €

Francisco Maceiras Rodríguez

5227410NJ4052N

San Pedro de Visma

0,3532

1.252,38 €

Herdeiros de Luis Segade Vázquez

15900A01400391

San Pedro de Visma

0,0518

45,32 €

Herdeiros de Eduardo Martínez Souto

15900A01400392

San Pedro de Visma

0,0495

43,31 €

Enriqueta Sande Canzobre

15900A01400549

San Pedro de Visma

0,0474

41,47 €

Herdeiros de José Martínez Souto

1. En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Ao atoparse as parcelas anteriores incluídas no ámbito da parroquia priorizada de San Pedro de Visma, entenderase voluntariamente cumprida a obriga de xestión da biomasa cando, con anterioridade á finalización do prazo sinalado no parágrafo anterior, a persoa responsable subscriba o contrato de xestión da biomasa con Seaga, recollido no anexo III do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG núm. 156, de 17 de agosto de 2018), debendo comunicalo a este concello dentro do dito prazo.

2. Se, transcorrido o prazo sinalado anteriormente, non se tivera xestionado voluntariamente a biomasa por parte das persoas responsables, o Concello da Coruña, a través do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG núm. 156, do 17 de agosto de 2018), procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos e, se for o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, xa dita. Para iso, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a xestión da biomasa, referenciados para cada unha das parcelas nas táboas anteriores, coa advertencia expresa de que se procederá á súa exacción inmediata, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos.

O anterior, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas.

O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3. Canto ao procedemento sancionador que se iniciará no caso de persistencia no incumprimento unha vez transcorrido o prazo outorgado, e segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, infórmase do seguinte:

A) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007).

1º. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción, ou daquel con maior superficie afectada.

2º. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas na Lei 3/2007 e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3º. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao Pleno do Concello, de conformidade co establecido no artigo 21.ter 2 da Lei 3/2007.

B) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

C) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b) da Lei 43/2003).

D) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

A Coruña, 20 de agosto de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 26 de xuño de 2019; BOP núm. 124, do 3 de xullo)
Mª Esther Fontán Prado
Concelleira delegada de Medio Ambiente