Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2021 Páx. 44980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán integrarse aquelas empresas e empresarios/as individuais que, legalmente constituídos/as, teñan como actividade fundamental a produción de toda clase de espectáculos escénicos, soliciten o seu ingreso na Asociación e acepten cumprir o contido dos presentes estatutos, así como a normativa de réxime interno que, chegado o seu momento, se aprobe.

– Asinantes: Belén Pichel e María Torres.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais