Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2021 Páx. 44982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se procede á baixa por disolución da Asociación Profesional de Palilleiras Amigas do Bolillo nesta oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais.

En cumprimento do disposto no artigo 3.c) do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se procedeu á baixa da Asociación Profesional de Palilleiras Amigas do Bolillo, segundo o acordo de disolución adoptado na asemblea xeral celebrada o 16 de xuño de 2021.

– Asinantes: Eva María Montes López e María del Rosario Álvarez Pérez.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais