Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2021 Páx. 44975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 31 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Ponteceso (expediente IN661A 2018/1-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación parque eólico Corme (modificación substancial), no concello de Ponteceso (expediente IN661A 2018/1-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da la Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 31 de agosto de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2018/1-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación da instalación: repotenciación parque eólico Corme (modificación substancial).

Concello: Ponteceso.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

48

Castelo

Descoñecida

142

Fontenla

Descoñecida

192

Antes

Descoñecida

194

Antes

Descoñecida

260

Cairo

Descoñecida

287

Granxa

Descoñecida

288

Granxa

Descoñecida

289

Granxa

Descoñecida

295

Canleiro

Descoñecida

296

Canleiro

Descoñecida

298

Canleiro

Descoñecida

299

Canleiro

Descoñecida

303

Canleiro

Descoñecida

354

Tercios

Descoñecida

355

Chouas Novas

Descoñecida

382

Lagoas

Descoñecida

389

Lagoas

Descoñecida

525

Granxa

Descoñecida

526

Granxa

Descoñecida

527

Granxa

Descoñecida

532

Canleiro

Descoñecida