Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2021 Páx. 44938

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade da relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2021, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, dáse publicidade do convenio de colaboración pendente de publicar subscrito no primeiro cuadrimestre de 2021 pola Axencia Turismo de Galicia, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I

Convenio

Data de sinatura

Importe €

2021

2022

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG), para a implementación, difusión e promoción da marca Q de Calidade Turística no sector turístico de Galicia

5.5.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Academia Xacobea para a celebración do I Congreso Mundial Xacobeo

25.5.2021

54.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Monterrei para a realización de visitas guiadas e de información turística na Fortaleza de Monterrei

26.5.2021

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Galega de Actividades Naúticas-Aganplus para a creación e promoción de cruceiros costeiros

26.5.2021

60.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Traslatio para a promoción e difusión durante o ano 2021 da Ruta Iacobus Maris 2022

28.5.2021

96.800,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Renfe Viajeros Sociedad Mercantil Estatal, S.A. e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde)

28.5.2021

70.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Monterrei para a limpeza, conservación e mantemento do contorno do Castelo de Monterrei

1.6.2021

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ponteareas para o apoio á realización de actividades relacionadas coa Festa do Corpus Christi durante todo o ano 2021

3.6.2021

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Veiga para a instalación dun campamento de autocaravanas no lugar do Coiñedo

9.6.2021

105.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Axencia Turismo de Galicia para as visitas do Castelo de Soutomaior e o seu xardín dentro da programación do tren turístico de Galicia

2.7.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago para a mellora da atención aos peregrinos e visitantes

5.7.2021

162.064,60 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Juana de Vega para o desenvolvemento do proxecto de mellora da imaxe paisaxística dos Camiños de Santiago

5.7.2021

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia para a profesionalización, adaptación á nova demanda e comercialización de novos produtos, reactivación e incentivación da contratación dos guías de turismo de Galicia

5.7.2021

170.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Club Ciclista Padronés-Aluminios Cortizo para a celebración da XXIII edición da Copa de España de Ruta

5.7.2021

36.300,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Cortegada para a creación dun miradoiro turístico e sinalización

5.7.2021

45.610,01 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Produtores de Conservas de Hortalizas de Mondoñedo para o proxecto senlleiro Acondicionamento de nave no Camiño de Santiago para a difusión das técnicas artesáns de conservas de vexetais, orientado ao reforzamento da oferta turística do Camiño de Santiago e da mellora da estrutura e infraestrutura do territorio para fortalecer o desenvolvemento do rural galego

7.7.2021

99.360,12 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Folgoso do Courel para a adecuación da área recreativa de Mogoxe

7.7.2021

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a S.A.M.I. Catedral de Santiago para o apoio ao funcionamento en condicións de seguridade da Catedral no ano Santo Xacobeo 21-22

14.7.2021

205.590,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Bande para a rehabilitación da reitoral de Santa Comba

26.7.2021

75.000,00 €

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Bande para a apertura ao público e realización de visitas ao complexo arqueolóxico Aquis Querquennis

5.8.2021

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Boborás para o proxecto básico e de execución de humanizacion do núcleo singular e contorno BIC de Astureses, Concello de Boborás

5.8.2021

180.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Riós para a rehabilitación e ampliación de edificación para uso de albergue turístico do Camiño de Santiago

6.8.2021

151.262,46 €

111.000,71 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Oia para o desenvolvemento do proxecto de reparación da pasarela peonil colgante en Acevedo (Loureza) e os seus accesos

4.8.2021

90.495,03 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental para a execucion do proxecto de mellora da imaxe do local social de Compostela Monumental de cara ao ano Xacobeo 21-22

5.8.2021

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental para a execución do proxecto de promoción comercial Compostela Monumental-Camiño do Xacobeo 2021/22

5.8.2021

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Abegondo para o proxecto do plan estratéxico de encoro de Beche

9.8.2021

500.000,00 €

ANEXO II

Convenio

Data de sinatura

Importe €

2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a OPC Galicia para o impulso do turismo de negocios e eventos MICE

20.4.2021

123.420,00 €