Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2021 Páx. 44849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 25 de agosto de 2021 pola que se notifica o emprazamento en relación co procedemento interposto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra a resolución de fixación do prezo xusto dun predio (expediente 2020001410).

De conformidade co disposto no artigo 49.3 e 49.4 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Informar os interesados que se relacionan no anexo do emprazamento en relación co procedemento interposto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), contra a resolución de prezo xusto.

2. Así mesmo, informar os interesados de que, desde o Xurado de Expropiación de Galicia, se lle remite o citado expediente ao TSXG por petición del.

3. Notificarlles aos interesados para que, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poidan comparecer e constituírse como parte no auto, ante o TSXG, no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

4. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado e, en consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2021

Carlos Calzadilla Bouzón
Vogal do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de
expediente

Predio

Nº de procedemento

01959-PLISAN - Inclusión de bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas do TSXG

Lorenzo Lamas, José Luis e outros

3.8.2021

2020001410

4116-B

0007318/2021