Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2021 Páx. 44819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 24 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o depósito do prezo xusto pola expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado liña colectora Ludrio eixe sur, tramo 2, 132 kV, parque eólico Serra do Punago-A Vacariza-parque eólico Monciro (expediente IN407A 2017/3-0).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese prácticar, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o acto sinalado no cadro anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo da solicitude de cita no teléfono 982 88 90 60, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 24 de agosto de 2021

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

– Expediente: IN407A 2017/3-0.

– Acto notificado: depósito do prezo xusto pola expropiación de bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado liña colectora Ludrio eixe sur, tramo 2, 132 kV, parque eólico Serra do Punago-A Vacariza-parque eólico Monciro.

Interesado/s

Trámite

Hdos. María Antonia Gefúndez Cedrón

Repr: Manuel Antonio Mirón Ferreiro

Notificación depósito prezo xusto

Pedro Trashorras Valiño

Notificación depósito prezo xusto

María Inés González Madarro

Notificación depósito prezo xusto

José López Veiga

Notificación depósito prezo xusto