Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2021 Páx. 44815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (exepediente IN407A 2021/174-4).

Para os efectos previstos na Lei Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: RET LMT GON807 e substitución CTI Piquetes por CTC.

Situación: Gondomar.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV, con conductor RHZ1, de 431 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-2000/12 e final na LMTS GON8075384.

– LMT subterránea a 20 kV, con conductor RHZ1, de 264 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS GON8075384, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación compacto, a 400 kVA con RT 20 kV/400 V, situado en Piquetes, Mañufe, Gondomar.

– Retirada do centro de transformación intemperie Piquetes e retensado do van aéreo (98 metros) contiguo ao apoio proxectado.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase a disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 20 de agosto de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro;
DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2021, artigos 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Gondomar; lugar: Piquetes-Mañufe; titular: Margarita Pazos Caldeiro; afección: 16,81 m² para o centro de transformación e 27,72 m² para 11 metros de liña subterránea.

Predio 2. Municipio: Gondomar; lugar: Corredouras; titular: Delia González García; afección: 10,06 m² para o apoio 1.

Predio 3. Municipio: Gondomar; lugar: Corredouras; titular: Delia González García; afección: 3 m² para o apoio 1.