Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 9 de setembro de 2021 Páx. 44550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 25 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2021/0189-4.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias da Xefatura Territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e no prazo que nel se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Nº de expediente: RL 2021/0189-4.

Acta: I362021000005259.

Empresa: Dentoestetic Centro de Salud y Estética Dental, S.L.

Enderezo: r/ Ribeira do Loira, 56-58, 2º, Madrid.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 18 da Lei 23/2015, do 21 de xullo, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Preceptos sancionadores: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 30.6.2021.

Resolución: multa de 626 €.

Vigo, 25 de agosto de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra