Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 9 de setembro de 2021 Páx. 44522

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 2 de setembro de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Mediante a Orde do 13 de xullo de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 138, do 21 de xullo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado decreto, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o destino no posto de traballo que se indica a persoa funcionaria de carreira que se relaciona no anexo da presente orde.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do citado Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Terceiro. A xefatura do centro no que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel no que obteña praza, realizará dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Apelidos e nome: Antelo Santos, María Dolores.

NRP: ****943635 A2059.

Subgrupo: C2.

Corpo ou escala: auxiliar da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Posto de traballo: secretario/a do/da director/a xeral.

Código do posto: ED.502.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Centro directivo: Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Localidade: Santiago de Compostela.