Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 9 de setembro de 2021 Páx. 44546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 25 de agosto de 2021 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento mediante poxa pública dun inmoble situado no concello de Nigrán.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 25 de marzo de 2021, acordouse o alleamento mediante poxa dun inmoble situado no concello de Nigrán.

Logo de publicarse no Diario Oficial de Galicia núm. 115, do 18 de xuño de 2021, e nun xornal de ampla difusión (Faro de Vigo do mesmo día) o anuncio do 14 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento do citado ben e dereito, tivo lugar o 28 de xullo de 2021 a poxa pública anunciada, co que á vista da acta da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar a seguinte adxudicación

A Carlos Alberto Loureiro Alves, polo prezo de catrocentos oitenta e cinco mil euros (485.000 €) o seguinte inmoble:

• Predio urbano. Casa de planta baixa distribuída para unha vivenda en cociña, comedor, baño, 3 dormitorios, vestíbulo e soportal, cos seus servizos complementarios. Ocupa a superficie de 104 metros e 78 decímetros cadrados do terreo de piñeiral denominado Foz, fronte á estrada da Ramallosa á praia América, sito na parroquia da Ramallosa, concello de Nigrán, co fondo que é de 25 metros á estrada da Ramallosa, da cabida de 1.250 m2; (superficie gráfica catastro 1.770 m2); as liñas laterais son paralelas con 25 metros de largo, e as súas estremas son as seguintes: norte, máis de Jesús Quintero e terreo de Ramona Diéguez Cervela; sur, máis terreo de Ramona Diéguez Cervela; leste, camiño veciñal; e oeste, estrada que vai da Ramallosa á praia América. Sen cargas.

Inscrita no Rexistro da Propiedade núm. 6 de Vigo a nome da Comunidade Autónoma de Galicia como predio de Nigrán núm. 6042, folio 218, tomo 2.826 do libro 468.

Referencia catastral 5432009NG1653S0001MY.

Segundo

O pagamento do prezo do inmoble adxudicado efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro

A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta do adquirente os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, queda por conta do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se producisen neste procedemento de alleamento.

Cuarto

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 9.1.2012)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio