De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Mediante a visita da inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.
Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta Área Provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.
O que se notifica ao titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que xulgue pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.
Pontevedra, 6 de agosto de 2021
Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
ANEXO
Establecemento: Bob y Blue.
Signatura: XG-PO-000571.
Razón social: Bob y Blue Viajes, S.L.
Domicilio: Marqués de Valladares, 2, baixo 5, CP 36201.
Concello: Vigo.