Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 9 de setembro de 2021 Páx. 44588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, procedemento abreviado 278/2021.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 278/2021 (procedemento abreviado) de María Victoria Tilve Lameiro, Ana Lorenzo Estévez, Erica García Troncoso, Eva Ocaña Carrillo e Iria Vázquez Fernández, contra a Resolución do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional (DOG núm. 245, do 26 de decembro).

En concreto, impúgnase o punto 2.c) «Puntuación adicional pola prestación de servizos en centros sanitarios illados» do anexo IV (baremo).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos