Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 8 de setembro de 2021 Páx. 44432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A (expediente 2019/10016-1 e sete máis).

Despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación das resolucións das reclamacións previas ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sección de cualificación e valoración de discapacidades, sitas no Edificio Administrativo Monelos, ala sur, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, poderá interpoñerse a demanda perante a xurisdición social no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, practicadas por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 9 de agosto de 2021

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 216/2020, do 3 de decembro)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa
interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2019/10016-1

47439622Y

Resolución de reclamación previa contra valoración

15.7.2021

2020/0663-1

32820098H

Resolución de reclamación previa contra a resolución de caducidade do procedemento

27.5.2021

2020/3753-1

32829515M

Resolución de reclamación previa contra valoración

7.5.2021

2020/4160-1

32826736D

Resolución de reclamación previa contra valoración

7.7.2021

2018/4407-1

32370985A

Resolución de reclamación previa contra a resolución de caducidade do procedemento

21.6.2021

2020/1784-1

32431560L

Resolución de inadmisión de reclamación previa

27.5.2021

2020/4769-1

49684146Y

Resolución de reclamación previa contra valoración

12.7.2021

2021/0163-1

X4799095F

Resolución de reclamación previa contra a resolución de caducidade do procedemento

7.7.2021