Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 7 de setembro de 2021 Páx. 44319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente 2021/3635-1 e oito máis).

Despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes, as persoas interesadas que se sinalan no anexo ou os seus representantes debidamente acreditados.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo –ala sur– Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atenderen ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de dez (10) días a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se considerarán desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 9 de agosto de 2021

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 216/2020, do 3 de decembro)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2021/3635-1

32441578D

Requirimento de emenda da solicitude

8.7.2021

2021/2550-1

32267547L

Requirimento de emenda da solicitude

25.5.2021

2021/0867-1

76732754Q

Requirimento de emenda da solicitude

26.2.2021

2021/0193-1

53167044Z

Requirimento de emenda da solicitude

23.6.2021

2021/2896-1

32344580W

Requirimento de emenda da solicitude

11.6.2021

2021/3367-1

53303910F

Requirimento de emenda da solicitude

14.7.2021

2021/3540-1

51296849H

Requirimento de emenda da solicitude

7.7.2021

2021/3572-1

Y8323219Q

Requirimento de emenda da solicitude

7.7.2021

2021/3698-1

76322264F

Requirimento de emenda da solicitude

14.7.2021