Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 7 de setembro de 2021 Páx. 44281

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

ACORDO do 27 de agosto de 2021, da Zona Centro, polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións de prazas de fondeadura vacantes para embarcacións deportivas no polígono de trens de fondeadura do porto de Laxe.

Ao atopárense vacantes prazas de fondeadura no polígono de trens de fondeadura de Portos de Galicia do porto de Laxe, que será recolocado unha vez finalicen as obras de dragaxe do porto, anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para apertura do prazo de presentación de solicitudes.

As autorizacións de fondeadura solicitaranse e adxudicaranse de conformidade co procedemento IF501A publicado na sede electrónica da Xunta de Galicia e polo prego de bases e de condicións específico da convocatoria, o cal esta á disposición dos interesados na páxina web de Portos de Galicia www.portosdegalicia.com, nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, sitas na avenida do Porto, 5, 1º, 15006 A Coruña, e nas oficinas de Portos de Galicia no porto de Laxe.

Tendo en conta que o procedemento de solicitudes de atracada de embarcacións deportivas é equiparable polas características da solicitude e da tramitación do expediente á fondeadura, as solicitudes formalizaranse polo citado procedemento IF501A publicado na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo para a presentación de solicitudes comenzará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e quedará aberto.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito nas oficinas mencionadas anteriormente as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

A Coruña, 27 de agosto de 2021

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro