Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 6 de setembro de 2021 Páx. 44243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2021, pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto, sistema multicriterio, para a selección de oferta cara ao outorgamento de autorización de dominio público de explotación de nave de reparación de redes na antiga lonxa do porto de Ribeira.

Mediante a Resolución do 19 de agosto de 2021, a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e sobre a base do disposto no segundo parágrafo do artigo 150.3 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e na proposta formulada pola Mesa de Contratación, na súa xuntanza do 12 de agosto de 2021, resolveu declarar deserto o procedemento aberto, publicado no DOG núm. 126, do 5 de xullo, para a selección de oferta para o outorgamento dunha autorización de dominio público de explotación de nave de reparación de redes na antiga lonxa do porto de Ribeira, por falta de ofertas presentadas, ao non terse presentado ningún licitador para optar á adxudicación.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se remita a notificación ou publicación do acto impugnado, ou potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do seguinte a aquel en que se remita a notificación do acto impugnado (artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia