Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 3 de setembro de 2021 Páx. 43987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 19 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica requirimento de documentación relativo ao procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2021/0115).

O día 22 de xuño de 2021, a persoa encargada do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Lugo formulou un requirimento de documentación relativo ao procedemento de inscrición no mencionado rexistro, expediente número LU-2021/0115, cuxo contido se recolle de xeito resumido no anexo a este anuncio.

O dito requirimento non se puido notificar persoalmente aos interesados. Polo tanto, consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), practícase esa notificación mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, así como no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de tres meses a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para presentar a documentación requirida. De non facelo así, teranse por desistidas da súa solicitude, polo que se ditará resolución de arquivamento desta, sen prexuízo de que poidan volver presentar máis adiante unha nova petición de inscrición.

O texto íntegro do acto que se notifica, xunto co seu respectivo expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Lugo, 19 de agosto de 2021

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (PR212A).

Número de expediente: LU-2021/0115.

Persoas interesadas (NIF e pasaporte): 39954890A e MD0741704.

Documentación requirida: véxanse artigos 5.g) e 11.2, alíneas a) e c) do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.