Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 3 de setembro de 2021 Páx. 43733

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 15 de xullo de 2021 pola que se aproba o Plan de acción da paisaxe da Ribeira Sacra.

A Comunidade Autónoma de Galicia, segundo establece o artigo 27.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, ten competencia exclusiva, entre outras, en materia de ordenación do territorio e do litoral.

A Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, ten por obxecto o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, entendendo que a paisaxe ten unha dimensión global de interese xeral para a comunidade galega, conforme o Convenio europeo da paisaxe, aprobado en Florencia o 20 de outubro de 2000 por proposta do Consello de Europa, que entrou en vigor o 1 de marzo de 2004 e foi ratificado polo Estado español mediante o Instrumento do 28 de xaneiro de 2008.

O artigo 5 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, establece que os poderes públicos de Galicia velarán para que, no ámbito das súas competencias, se adopten as medidas específicas necesarias para a protección, xestión e ordenación da paisaxe e, no seu capítulo III, establece os instrumentos para conseguilo.

De conformidade co disposto no artigo 12 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, a consellería competente en materia de paisaxe elaborará plans de acción para a protección, xestión e ordenación da paisaxe naqueles territorios declarados como espazos naturais protexidos segundo o disposto na normativa galega vixente en materia de patrimonio natural, así como nas áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) identificadas nos catálogos da paisaxe.

Os plans de acción axustaranse ás determinacións contidas nas directrices de paisaxe para o territorio a que se refira, de conformidade cos obxectivos de calidade paisaxística establecidos, e incluirá ademais unha proposta de medidas para o mantemento, mellora, recuperación ou rexeneración das paisaxes presentes no seu ámbito.

Así, este plan de acción desenvolverase dentro do territorio da área de especial interese paisaxístico AEIP-05-03 Ribeira Sacra, xurdida tras a aprobación da Orde do 21 de setembro de 2020 pola que se leva a cabo a actualización e revisión das áreas de especial interese paisaxístico AEIP-05-03 Canóns do Río Miño e AEIP-05-04 Canóns do Sil, previstas no Decreto 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia, co obxecto de fundir as dúas áreas nunha única, denominada AEIP-05-03 Ribeira Sacra (DOG núm. 198, do 30 de setembro de 2020).

Pola súa banda, o Decreto 96/2020, do 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, regula no seu artigo 12 o procedemento de elaboración dos plans de acción da paisaxe. Así, o procedemento de elaboración dos plans de acción da paisaxe iniciarase por acordo da persoa titular da consellería competente en materia de paisaxe e correspóndelle ao Instituto de Estudos do Territorio a coordinación e dirección e, de ser o caso, a realización dos traballos de redacción dos plans de acción da paisaxe.

No seu artigo 23, o Regulamento da Lei de protección da paisaxe regula o contido dos plans de acción da paisaxe:

a) Diagnose do estado actual da paisaxe, en que se identifiquen os tipos e unidades de paisaxe presentes na zona, os valores paisaxísticos, os elementos e lugares de singular valor e as áreas degradadas ou que sufriron algún impacto paisaxístico.

b) Proposta de medidas para a consecución dos obxectivos de calidade paisaxística establecidos polas directrices de paisaxe, mediante o mantemento, a mellora, a recuperación ou a rexeneración, segundo corresponda, dos elementos conformadores, dos valores ou das zonas afectadas.

Dentro das actuacións que acompañan a candidatura da Ribeira Sacra a reserva da biosfera atópase esta importante acción en materia paisaxística, que pretende promover a protección e mellora do ambiente da Ribeira Sacra.

Unha vez elaborado o documento inicial do instrumento, foi sometido a información pública mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia en data 19.4.2021, así como na páxina web da consellería competente en materia de paisaxe e no portal de transparencia da Xunta de Galicia para formular alegacións, durante un prazo de dous (2) meses contados a partir da publicación daquel no Diario Oficial de Galicia.

Simultaneamente á información pública, e durante o prazo de tres meses, o instrumento someteuse a informe dos concellos afectados e das consellerías competentes en materia de ordenación do territorio e patrimonio cultural, e deuse igualmente traslado para alegacións aos concellos integrantes do Consorcio da Ribeira Sacra, como entidade encargada do desenvolvemento das medidas previstas nel.

As alegacións presentadas no trámite de información pública e os informes emitidos foron valorados polo Instituto de Estudos do Territorio, que lles deu resposta escrita e razoada, introducindo as modificacións correspondentes no instrumento que se vai tramitar.

Unha vez realizada esta tramitación, cómpre levar a cabo o acordo de aprobación definitiva, que será publicado no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e en exercicio das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Aprobación do Plan de acción da paisaxe da Ribeira Sacra

Apróbase o Plan de acción da paisaxe da Ribeira Sacra, cuxo contido figura como anexo desta orde.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde terá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Plan de acción da paisaxe da Ribeira Sacra

missing image file

Índice

Antecedentes

Itinerarios con valores panorámicos

Diagnose do estado actual

Caracterización da paisaxe da Ribeira Sacra

Obxectivo

Estratexia

Proposta de medidas

Plan de sustentabilidade da Ribeira Sacra

Actuacións: 1. Sinalización

Actuacións: 2. Restauración

Actuacións: 3. Comunicación

Ámbitos de actuación

Orzamento e programación

Referencias

Planimetría

Anexos

Anexo 1. Previsións de investimentos nos concellos do CTRS

Anexo 2. Artigo «Elevación de rasante na ponte de Paradela»

Anexo 3. Resumo executivo

Portada do Formulario de proposta de inscrición da Ribeira Sacra na Lista do patrimonio mundial. 2020

missing image file

Antecedentes

Os primeiros esforzos para a identificación e valorización conxunta do patrimonio cultural da Ribeira Sacra remóntanse á década de 1990, a través dun estudo piloto promovido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que identificaba e analizaba os recursos culturais deste territorio.

No ano 1996 a candidatura da Ribeira Sacra de Lugo e Ourense foi incorporada á Lista indicativa española do patrimonio mundial, e é o ben español que máis tempo leva nela. Nese ano aprobouse tamén a creación da denominación de orixe Ribeira Sacra. Aínda que o nome deste organismo foi seleccionado por unha diferenza única dun voto, ao longo dos seus case 25 anos de historia contribuíu firmemente ao posicionamento da marca Ribeira Sacra e á comunicación dos valores da súa paisaxe.

En 2005 creouse o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, co fin de articular a cooperación entre os 20 municipios que o integran (21 a partir de 2014, coa adhesión de Bóveda) para a planificación, xestión e promoción do desenvolvemento turístico da zona. Desde a súa creación contribuíu non só á configuración da Ribeira Sacra como destino turístico, senón tamén ao desenvolvemento de accións de sensibilización e á execución de obras, plans e programas relacionados coa protección da paisaxe e a mellora da calidade de vida.

A partir de 2013 recupéranse os esforzos pola identificación e recoñecemento do valor cultural da Ribeira Sacra no seu conxunto, a través das investigacións desenvolvidas por un grupo de profesores universitarios, coordinados pola oficina do Valedor do Pobo de Galicia.

Tras a incorporación da figura da paisaxe cultural como categoría do patrimonio cultural na Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia, decídese iniciar o proceso para a declaración da Ribeira Sacra como ben de interese cultural na dita categoría pola Xunta de Galicia.

A delimitación da zona que se vai protexer partiu do estudo de todas as declaracións existentes, desde o ámbito cultural, natural e paisaxístico. Para afrontar o coñecemento e achegamento a unha delimitación apropiada definiuse unha área de estudo inicial do conxunto de 25 concellos que se consideran como constituíntes da Ribeira Sacra, e que pertencen a algunha das ferramentas de xestión existentes (Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, xeodestino Ribeira Sacra ou Denominación de Orixe Ribeira Sacra).

O resultado foi a aprobación do Decreto 166/2018, do 27 de decembro, polo que se declara ben de interese cultural a paisaxe cultural da Ribeira Sacra. Trátase dunha declaración incomparable con calquera outra realizada anteriormente, tanto en Galicia como no resto do Estado, por recoñecer o máximo valemento cultural para unha extensión duns 180 km² cun réxime de protección específico.

Ao mesmo tempo, impúlsase tamén o desenvolvemento da candidatura a patrimonio mundial, a través dun intenso proceso de participación e documentación. En abril de 2019, o Consello de Patrimonio Histórico Español acorda presentar ao Centro do Patrimonio Mundial a candidatura de Ribeira Sacra, paso que se dá en febreiro de 2020. En marzo de 2020 o Centro de Patrimonio Mundial confirma que a candidatura foi aceptada para a súa avaliación na 45ª sesión do Comité que se celebrará en 2021.

En paralelo, está tamén en proceso a candidatura á reserva da biosfera da Ribeira Sacra e serras do Oribio e Courel, remitida ao Comité Español MAB da Unesco en decembro de 2019.

missing image file

Delimitación do BIC Ribeira Sacra. Elaboración propia a partir do Decreto 166/2018, do 27 de decembro.

A Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, no seu artigo 8, capítulo III, establece os instrumentos para unha axeitada protección, xestión e ordenación das paisaxes de Galicia. De acordo coa modificación incluída na Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, estes son os seguintes:

1. Catálogos da paisaxe de Galicia.

2. Directrices de paisaxe.

3. Estudos de impacto e integración paisaxística.

4. Plans de acción da paisaxe.

Os plans de acción da paisaxe están recollidos no artigo 12 da Lei 7/2008, segundo o cal, de acordo coa modificación da Lei 7/2019:

«1. A consellaría competente en materia de paisaxe elaborará plans de acción para a protección, xestión e ordenación da paisaxe naqueles territorios declarados como espazos naturais protexidos segundo o disposto na normativa galega vixente en materia de patrimonio natural, así como nas áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) identificadas nos catálogos da paisaxe.

Tamén se poderán elaborar plans de accións da paisaxe noutras zonas que, como consecuencia dos seus especiais valores paisaxísticos ou do seu estado de deterioración, precisaren medidas de intervención e protección

2. O plan de acción axustarase ás determinacións contidas nas directrices de paisaxe para o territorio a que se refira, de conformidade cos obxectivos de calidade paisaxística establecidos, e incluirá ademais unha proposta de medidas para o mantemento, mellora, recuperación ou rexeneración das paisaxes presentes no seu ámbito.

3. A consellería competente en materia de medio ambiente e desenvolvemento sustentable promoverá que todas as zonas xeográficas identificadas nos catálogos da paisaxe como áreas de especial interese paisaxístico dispoñan a protección precisa que permita a preservación dos seus valores.

4. Naquelas áreas xeográficas transfronteirizas ou interautonómicas que conten con algún espazo natural protexido a Administración ambiental promoverá a elaboración dun plan de acción conxunto en materia de paisaxe».

En 2012 publicouse a Estratexia galega da paisaxe, na cal se definía o mapa de comarcas e grandes áreas paisaxísticas de Galicia (GAP). O territorio que forma parte da área de estudo da Ribeira Sacra quedaba incluído nas comarcas Ribeira Sacra Miñota, Fosa de Ourense, Ribeira Sacra Silense e Valdeorras (todas elas na GAP Ribeiras Encaixadas do Miño e do Sil), as comarcas Terra de Chantada, Lugo e Sarria-Terra de Lemos (ambas na GAP Chairas e Fosas Luguesas), a comarca do Alto Arnoia (na GAP Chairas, Fosas e Serras Orientais), a comarca de Terra do Bolo e Terra de Trives (na GAP Serras Surorientais), a comarca O Courel, O Incio e Samos-Triacastela (na GAP Serras Orientais), e minimamente tamén a comarca do Deza e do Carballiño (na GAP Galicia Central). En total, 14 comarcas repartidas entre 6 GAP.

Entre as áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) delimitadas no Catálogo das paisaxes de Galicia (Decreto 119/2016, do 28 de xullo), atopábanse a AEIP-05-03 Canóns do Río Miño e a AEIP-05-04 Canóns do Sil, ambas na grande área paisaxística das Ribeiras Encaixadas do Miño e do Sil, a primeira na comarca paisaxística da Ribeira Sacra Miñota e a segunda na comarca paisaxística da Ribeira Sacra Silense. Recentemente, estas dúas AEIP xuntáronse nunha única denominada AEIP-05-03 Ribeira Sacra (segundo a Orde do 21 de setembro de 2020).

Desde a aprobación do Catálogo das paisaxes, sucedéronse iniciativas que inflúen na percepción da Ribeira Sacra, entre elas, a declaración do BIC Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra polo Decreto 166/2018, do 27 de decembro; a presentación da candidatura da Ribeira Sacra á Lista do patrimonio mundial da Unesco; e a proposta de reserva da biosfera da Ribeira Sacra e serras do Oribio e Courel.

Delimitación da AEIP-05-03 Ribeira Sacra. Elaboración propia a partir da Orde do 21 de setembro de 2020

missing image file

En 2019 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATeV) desenvolveu o «Informe estratéxico Acción da CMATeV na Ribeira Sacra», que define as actuacións e melloras en materia paisaxística, urbanística e ambiental que poderían ser abordadas na Ribeira Sacra desde o ámbito de competencias da consellería, e que apoiaran a candidatura a patrimonio mundial.

Entre as medidas que propoña o dito documento atopábase a reformulación de dúas das áreas de especial interese paisaxístico existentes na Ribeira Sacra, co fin de adaptar estas figuras á realidade que supoñen as iniciativas referidas anteriormente (BIC, candidatura ao patrimonio mundial e candidatura a reserva da biosfera).

Recentemente publicouse a reformulación desas dúas AEIP anunciada previamente (DOG do 17 de xaneiro de 2020). Deste xeito, resulta unha única AEIP Ribeira Sacra, que toma o código 05-03 segundo se aproba na Orde do 21 de setembro de 2020 pola que se leva a cabo a actualización e revisión das áreas de especial interese paisaxístico AEIP-05-03 Canóns do Río Miño e AEIP-05-04 Canóns do Sil previstas no Decreto 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia, co obxecto de fundir as dúas áreas nunha única, denominada AEIP-05-03 Ribeira Sacra.

No eixe B do dito Informe estratéxico da CMATeV incluíase tamén o desenvolvemento de «Actuacións na paisaxe: pactos pola paisaxe/plan de acción/rede de itinerarios», para impulsar polo Instituto de Estudos do Territorio no horizonte 2019-2021.

De acordo coa proposta deste informe, «O plan de acción que se propoña deberá pór especial atención á correcta percepción da paisaxe desde estes itinerarios de interese paisaxístico que se atopan no interior das áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) é do BIC, actuando sobre elas en materia de paisaxe. Para tal fin redactará o IET un proxecto de intervencións que minoren, corrixan ou eliminen os impactos máis destacados nas ditas rutas. Para a execución das obras proponse contar co Consorcio da Ribeira Sacra, pola súa proximidade ao sitio e as distintas propiedades, e pola súa experiencia en proxectos similares como o de Un toque de cor,ou Esgrafiados. Para tal fin asinarase un convenio de colaboración no cal eles se poidan facer cargo da execución, coa dotación do orzamento previsto».

En concreto, prevese o desenvolvemento dun plan de acción da paisaxe e dun pacto pola paisaxe, circunscribindo ambos ao territorio de dous itinerarios de interese paisaxístico con valores panorámicos que transcorren maioritariamente na AEIP-05-03 Ribeira Sacra:

• 16. Chantada-Ponte Nova dos Peares.

• 17. Monforte de Lemos-mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (no tramo que conecta Cristosende co mosteiro de Santo Estevo).

Neste contexto é no que se aborda a elaboración do Plan de acción, promovido polo Instituto de Estudos do Territorio. Tras un estudo detallado dos itinerarios e doutras iniciativas en desenvolvemento, óptase por incorporar ao Plan de acción o tramo Doade Pombar, sen limitalo ao tramo que propoña o Informe estratéxico da CMATeV (Cristosende-mosteiro de Santo Estevo), xa que quedarían excluídos puntos con alto interese paisaxístico.

O Plan de acción da paisaxe define as actuacións que se deben realizar no ámbito dos itinerarios e o Pacto pola paisaxe aborda unha intervención máis xeral na AEIP-05-03 Ribeira Sacra e na súa área de influencia. Para o desenvolvemento do plan emprégase o disposto no Regulamento da Lei de paisaxe (Decreto 96/2020), en particular os seus artigos 12, 13, 22, 23 e 24.

missing image file

Rede de itinerarios de interese paisaxístico. Fonte: http://mapas.xunta.gal/visores/itinerarios/

Rede de itinerarios de interese paisaxístico con valores panorámicos. Fonte: IET

Itinerarios con valores panorámicos

Os itinerarios con valores panorámicos Chantada-Ponte Nova dos Peares (itinerario 16) e Monforte de Lemos-mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (itinerario 17), nos cales se centra este Plan de acción da paisaxe, forman parte da proposta da Rede de itinerarios de interese paisaxístico, presentada en 2018, dando resposta ás determinacións das Directrices de ordenación do territorio (Decreto 19/2011) e tamén a Estratexia da paisaxe galega.

Dentro da proposta da Rede hai catro tipos de itinerarios:

(1) Senda dos faros.

(2) Itinerarios de interese paisaxístico con valores naturais.

(3) Itinerarios de interese paisaxístico con valores patrimoniais.

(4) Itinerarios con valores panorámicos.

Neste último grupo (itinerarios con valores panorámicos) é no que se encadran os dous itinerarios sobre os cales se desenvolverá o Plan de acción da paisaxe na Ribeira Sacra.

De acordo coa definición contida no documento «Proposta da Rede de itinerarios de interese paisaxístico» do Instituto de Estudos do Territorio, os itinerarios con valores panorámicos correspóndense coas rutas identificadas por Turismo de Galicia na publicación «Escenarios ao volante. 25 rutas insólitas polas mellores paisaxes», seleccionadas en base nos seus valores estéticos e aptas para ser percorridas en automóbil, a diferenza dos outros tres tipos de itinerarios.

O documento de Turismo de Galicia inclúe unha ficha para cada itinerario, con información sobre punto de inicio e fin da ruta, lonxitude, pendente media e elementos de interese no percorrido, así como un mapa, un perfil topográfico e unha descrición dos valores naturais, culturais e estéticos.

Os itinerarios da publicación «Escenarios ao volante» tamén están recollidos na web de Turismo de Galicia, tal e como se reflicte na seguinte imaxe. Precisamente, a fotografía escollida para presentar estas rutas na portada da web correspóndese cun dos fitos do itinerario 17 «Monforte de Lemos-mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil», concretamente o miradoiro A Pena do Castelo, en Sober.

missing image file

missing image file

Imaxe da portada de Escenarios ao Volante. Fonte: www.turismo.gal (consultado o 7.4.2020)

missing image file

Esquema sintético dos itinerarios, vías e coincidencias coa AEIP e co BIC. Fonte: elaboración propia

A ruta «De Chantada á Ponte Nova dos Peares» ten un total de 36,68 km. Os primeiros quilómetros do itinerario transcorren polas estradas LU-533 e LU-617, baixando a través dunha zona de viñedos ata a ponte de San Fiz. Tras cruzar a ponte, a ruta prosegue pola LU-P-1804 en paralelo ao río Miño ata Belesar. Despois de deixar atrás este núcleo, o percorrido continúa pola LU-5819 ata a ponte de Pincelo, nunha paisaxe na cal se suceden viñedos e carballeiras. Tras atravesar a ponte, hai unha estreita pista (LU-P-1812) Esta estrada conta cunha lonxitude de 125 m e parte da LU-P-5819; o tramo de unión desde o final da ponte de Portotide ata a estrada LU-P-1801 é de titularidade municipal, do Concello de Chantada, e aparecen os primeiros piñeiros do percorrido, combinados con bosque mixto. Sen abandonar a LU-P-1801, a ruta continúa ata as igrexas de Nogueira de Miño, onde se pode conectar co IIP natural «O Cabo do Mundo", Santo Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova, e finaliza na estrada LU-P-1010 na Ponte Nova dos Peares, núcleo onde se produce o famoso encontro entre o Miño e o Sil.

missing image file

Pola súa banda, o itinerario «De Monforte de Lemos ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil» conta cun total de 77,94 km. O percorrido comeza en Monforte de Lemos tomando a estrada LU-903, que conduce ata o miradoiro de Souto de Chao e o embarcadoiro de Doade. Tras cruzar a ponte sobre o Sil, xa na provincia de Ourense, a estrada OU-903 ascende cunha forte pendente ata Castro Caldelas. Despois dun tramo pola estrada primaria OU-536, o itinerario continúa a través da OU-139 pola OU-O606 ata Pedra do Sol, onde se desvía á esquerda e segue pola OU- 0605 ata Cristosende, exemplo de aldea asentada na bocarribeira. Posteriormente, descéndese pola OU-0605 ata a Fábrica da Luz, onde se pode comezar o percorrido peonil sobre as pasarelas do río Mao. Sen abandonar a estrada, o itinerario pasa por núcleos localizados entre soutos e viñedos, como Barxacova, Sacardebois ou Purdeus ata chegar a Parada de Sil. Tomando un desvío, pódese visitar o miradoiro de Balcóns de Madrid. Tras deixar atrás Parada de Sil, o itinerario continúa pola OU-0604 ata a súa intersección coa OU-0508; esta estrada conduce a Santo Estevo de Ribas de Sil, atopando ao seu paso o miradoiro de Cabezoás, nunha pronunciada caída sobre o río Sil.

missing image file

Belesar (esquerda) e Os Peares (dereita)

Vista desde o miradoiro de Cabezoás

Itinerarios 16 e 17, BIC Ribeira Sacra e AEIP Ribeira Sacra. Fonte: elaboración propia

missing image file

Para definir o territorio que afectará o Plan de acción da paisaxe da Ribeira Sacra, pártese do trazado dos itinerarios de interese paisaxístico con valores panorámicos (en diante, itinerarios panorámicos) e da delimitación da AEIP 05-03 Ribeira Sacra. 1

Proponse incorporar ao Plan de acción os espazos que atravesan estes itinerarios que, aínda que non están dentro da AEIP, si están no ámbito declarado ben de interese cultural. O obxectivo é incluír no espazo de actuación do plan unha serie de puntos que contan con excepcionais características para a contemplación e comprensión da paisaxe.

Resultado desta reflexión territorial, a figura da páxina anterior amosa a relación entre os itinerarios panorámicos, a AEIP-05-03 Ribeira Sacra, o BIC Ribeira Sacra, os principais cursos fluviais e os concellos afectados.

O itinerario panorámico 16, que une Chantada coa Ponte Nova dos Peares, ten unha extensión de 38,68 km e a práctica totalidade do seu trazado está dentro da AEIP (34,51 km). Sumando tamén o territorio delimitado como BIC (0,98 km), o espazo total de actuación do plan ascende a 35,49 km, o que supón o 91,75 % da lonxitude do itinerario.

No caso do itinerario panorámico 17, que une Monforte de Lemos con Santo Estevo de Ribas de Sil, a inclusión do BIC suporía un incremento moi significativo no espazo de actuación do plan, xa que só 14,16 km dos seus 77,94 km están dentro da AEIP. Engadindo os tramos do itinerario que transcorren polo BIC (11,41 km), a lonxitude total do espazo de actuación ascende a 25,27 km, o que supón un 32,80 % do total do itinerario. Máis que o incremento cuantitativo, esta ampliación permitiría incorporar ao Plan de acción puntos de grande interese paisaxístico como Penalba (Cristosende) ou Os Castros (Santo Estevo).

Neste itinerario 17 é preciso ter en conta que, tal como representa o mapa da páxina anterior, son necesarios tramos de conexión xa que, desde a saída proposta en Monforte de Lemos ata o ámbito grafado no plano da páxina 14, transcorren 14,80 km de enlace. Así mesmo, desde a OU-903 no cruzamento coa OU-0607 en dirección a Cristosende, temos un novo tramo de enlace de 22,80 km, que poderíamos resumir a só 7 km.

A partir de Cristosende o itinerario entra e sae alternativamente da AEIP e do territorio do BIC Ribeira Sacra nas sucesivas estradas OU-605 e OU-0508 dependendo de se discorre pola bocarribeira ou polas chairas.

1 Durante a elaboración da planimetría para a presente memoria púxose de manifesto que o límite da AEIP, pensado como límite do itinerario paisaxístico, non coincide na práctica con el. Non obstante, para os efectos do presente traballo, si se toma o trazado do itinerario como límite, entendendo que ese era o criterio da delimitación.

Como complemento a este itinerario proponse prolongar o percorrido pola OU-0508, para acceder ao Miradoiro dos Castros, que nos dá unha vista privilexiada do asentamento do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, converténdoo no final perfecto para o itinerario, compartido coa inscrición de Leovigildo Dux que nos acompañará neste espazo.

Este itinerario 17 ten na súa primeira parte, coincidente coa LU-903 e a OU-903 (antiga N-903), unha estrada con valor patrimonial non estudada en profundidade ata a data, obra de enxeñeiros de finais do século XIX e que salienta pola súa excepcional adaptación ao medio. No anexo 2 inclúese unha copia do artigo «Elevación de rasante en el puente de Paradela», do enxeñeiro de camiños Maximino Casares, publicado en 1954 na Revista de Obras Públicas do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de España.

Tipos de sinalización identificados nos itinerarios panorámicos 16 e 17. Fonte: elaboración propia

missing image file

Diagnose do estado actual

Ambos itinerarios teñen un alto valor paisaxístico, tanto polas panorámicas que ofrecen sobre o curso dos ríos Miño e Sil, maximizadas nos miradoiros que se atopan ao seu paso, como polo valor dos fitos patrimoniais e dos bosques que acompañan a estrada.

Ambos os itinerarios son unha excelente carta de presentación do territorio, pois son perfectamente realizables en automóbil pola súa baixa velocidade e intensidade de trafico 2, e permiten ao usuario achegarse a moitos dos principais fitos da AEIP e do BIC Ribeira Sacra.

Estrutúrase a análise do estado actual dos itinerarios panorámicos en 5 epígrafes: Viario, Sinalización e cruzamentos, Accesibilidade, Impactos e Oportunidades.

1. Viario.

Ben queeste plan de acción non ten por obxectivo diagnosticar o estado das estradas, das súas plataformas firmes e beirarvías, unha análise inicial leva a sinalar que a súa situación é moi diversa, dependendo do tramo viario que se estude.

Mentres a LU-903 e a OU-903 (ambas no itinerario panorámico 17) e aqueles tramos polos que discorreu recentemente a Volta Ciclista a España 2018 presentan un óptimo estado de conservación, outras vías manifestan fortes disparidades nos firmes, nos acabados e nas pinturas laterais. Este é o caso da LU-1801, cun estado actual mellorable, e da LU-1812, cun estado actual moi mellorable. Tamén presenta deficiencias a N-120a ao seu paso por Lugo, mentres que o tramo ourensán está en bo estado.

2. Sinalización e cruzamentos

Ao longo dos itinerarios obsérvanse sinais de diversa natureza, froito de que son obra de entidades diferentes e de que datan de períodos moi afastados no tempo. Clasificouse a sinalización existente en 12 categorías, que se presentan na táboa da páxina anterior acompañadas dunha imaxe ilustrativa e dunha breve referencia ao seu deseño.

2 Datos de intensidade media diaria das estradas autonómicas no ámbito da presente memoria:

LU-617 (Chantada-Escairón vella) IMD: 160 (dato anterior a 2017).

OU-536 (Ourense-Castro Caldelas) IMD: 1945 (dato de 2017).

OU-903 (Castro Caldelas-Doade) IMD: 313 (dato anterior a 2017).

Aínda que non existe unha sinalización específica dos itinerarios sobre a estrada, é importante que as persoas que deciden seguir os itinerarios propostos por Turismo de Galicia na súa web poidan facelo sen dificultades. Especial mención merece a sinalización a través de paneis informativos que, aínda que a miúdo están deteriorados pola acción do tempo e a meteoroloxía, son susceptibles de ser repostos a través do plan.

Na web de Turismo de Galicia existe a posibilidade de descargar a información en diversos formatos (PDF, GPX, KML), é importante que os núcleos polos cales transcorre a ruta, así como os fitos culturais e naturais aoque se fai referencia na web, estean correctamente sinalizados sobre o terreo, especialmente nos cruzamentos.

É preciso lembrar, ademais, que o nivel de cobertura de voz e datos das diversas compañías fornecedoras de telefonía móbil é moi diverso, e non sempre se garante o servizo en todo o percorrido de ambos os dous itinerarios.

Nas páxinas seguintes analízanse os cruzamentos entre estradas en cada un dos dous itinerarios panorámicos, co obxecto de valorar como é a experiencia para as persoas que os percorren e detectar posibles puntos de confusión/desorientación.

missing image file

missing image file

Na páxina anterior ofrécese unha imaxe de cada un destes cruzamentos, tomada a través da ferramenta Street View de Google.

Ofrécese a continuación unha análise da situación en cada un dos cruzamentos:

• LU-533–LU-617 (data da imaxe: maio de 2018): para seguir a ruta, o usuario debe partir de Chantada pola LU-533 ata chegar ao cruzamento coa LU-617. Isto supón desviarse á dereita, para o que debe seguir as indicacións cara a Belesar. Na información de Turismo de Galicia Belesar aparece referido como un dos fitos de interese, polo que o risco de confusión é baixo. Na dirección adecuada, hai un sinal que indica Belesar 4 e outra do Club Fluvial Belesar Pueblo. Hai tamén un sinal de Encoro dos Peares, que podería ser de utilidade de non ser pola súa deterioración, que o fai ilexible. Outro sinal neste cruzamento é o de Adega Vía Romana 5 km.

Se non toma o desvío sinalado, o usuario continuará cara a Monforte de Lemos, e existe neste punto un sinal que informa da distancia restante (Monforte 24).

• LU-617–LU-P-1804 (data da imaxe: xuño de 2012): tras cruzar a ponte de San Fiz, o usuario debe continuar cara á dereita. De novo, debe tomar Belesar como unha das referencias da ruta, pois existen sinais de Belesar 2 e do Club Fluvial Belesar Pueblo. Ademais, hai outros dous sinais de Adega Vía Romana e Praia da Cova.

O usuario deberá escoller entre esa opción ou virar cara á esquerda; nesa dirección están sinalizados Monforte de Lemos 25 e Escairón. No caso de virar lixeiramente cara á dereita, obsérvase un sinal de Ribeira Sacra Lucense: Concello do Saviñao. Ademais, no punto de cruzamento hai un cartel de Tecor Societario O Saviñao.

• LU-P-1804–LU-P-5819 (data da imaxe: xuño de 2012): neste punto prodúcese un cambio no nome da estrada, pero o usuario debe continuar recto. O risco de confusión é baixo, agás que se opte por cruzar a ponte. Con todo, isto é pouco probable, dado que os sinais informan de que se regresaría cara a Chantada. No sentido que se debe seguir, hai unha mouteira do Camiño de Santiago, un sinal do Concello do Saviñao que indica A Cova/Portotide/Esperón, un cartel da Ruta do Viño que sinaliza a Igrexa de San Martiño da Cova e un sinal de perigo (resalte). Esta estrada conta cunha lonxitude de 125 m e parte da LU-P-5819, sendo o tramo de unión desde o final da ponte de Portotide até a estrada LU-P-1801 é de titularidade municipal, do Concello de Chantada.

• LU-P-5819–LU-P-1812 (data da imaxe: xuño de 2012): neste punto débese abandonar a LU-P-5819 e virar cara á dereita tomando a ponte de Pincelo, que tamén é un dos núcleos que se refiren na publicación de Turismo de Galicia. O risco de confusión é baixo, xa que no cruzamento están localizados os sinais de Pincelo 1, A Sariña 2, ademais dun sinal de prohibición (10 t). Hai tamén un cartel, aparentemente feito á man, que sinala un merendeiro en Pincelo.

De non tomar a ponte, o usuario continuará pola LU-P-5819 cara á praia da Cova, e este é o único sinal relativo a ese sentido da estrada.

• LU-P-1812–LU-P-1801 (data da imaxe: xuño de 2012): neste punto o risco de confusión é elevado. O usuario debe incorporarse á estrada, sen existir información clara ao respecto das dúas posibles direccións. No sentido do itinerario hai só un sinal de «Vedado de caza». A uns metros un sinal da Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño que sinaliza as bodegas que se atopan en cada dirección.

• LU-P-1010–N-120a (data da imaxe: outubro de 2012): a chegada aos Peares faise na LU-P-1010. Ao chegar á central hidroeléctrica dos Peares cómpre cruzar o río Miño, tomando a N120-a. Non hai ningún sinal de indicación que debese indicarnos a dereita, polo que se continuará ata o final do percorrido, na Ponte Nova dos Peares.

missing image file

missing image file

Ofrécese a continuación unha análise da situación dos cruzamentos do itinerario panorámico 17:

• LU-903–OU-903 (data da imaxe: outubro de 2013): unicamente se produce un cambio no nome da estrada, pois o percorrido abandona a provincia de Lugo e introdúcese na de Ourense. Antes de cruzar a ponte, hai un sinal que informa do cambio de provincia, xunto cun sinal do río Sil e unha mouteira, da sinalización nacional histórica, co nome da estrada. Ademais, hai tres sinais da ruta do viño: Cachín/Ponte da Boga e Hotel Casa de Caldelas.

• OU-903–OU-536 (data da imaxe: agosto de 2013): no cruzamento hai un stop, tras o que se debe xirar á dereita. Nesa dirección os sinais indican Montederramo, unha localidade a 47 km (posiblemente Ourense, pero non se pode ler a través da ferramenta dixital empregada) e o aparcadoiro e área de servizos para autocaravanas. No cruzamento hai tamén un cartel da Xunta de Galicia sobre o proxecto, cofinanciado polo Feder, para o soterramento de cableaxe eléctrica no centro histórico de Castro Caldelas 2ª fase (2012). Este punto pode supor un posible risco de confusión, ao non estar sinalizado ningún dos fitos do itinerario a que fai referencia a guía de Turismo de Galicia.

• OU-536–OU-139 (data da imaxe: agosto de 2013): o usuario debe abandonar a estrada OU-536 e virar á dereita. Antes do cruzamento un cartel da Secretaría Xeral para o Turismo, co título «Ribeira Sacra», informa de que continuando recto están Ourense e Montederramo, mentres que tomando o desvío á dereita se localiza A Teixeira, localidade que figura referida na descrición da ruta de Turismo de Galicia. Xa no cruzamento, un sinal indica A Teixeira 9, xunto cun sinal da ruta do viño do Museo do Viño da Teixeira. Tamén neste cruzamento, pero na parte dereita, visible tras o desvío, hai un sinal con información sobre distancias (A Teixeira 8, Cristosende 8, Monforte de Lemos 38), un sinal do embarcadoiro do catamarán 19 e un sinal da Casa Grande de Cristosende Turismo Rural (8 km).

• OU-139–OU-0606: uns metros despois a estrada bifúrcase, o usuario debe tomar a estrada da esquerda (OU-0606). Os sinais nesta dirección son A Teixeira 9, Sistín, limitación de velocidade (40) e perigo (paso de animais domésticos). No cruzamento hai tamén un sinal do Tecor Societario Terras de Caldelas, un cartel informativo dun proxecto de mellora de camiños, apoiado por un programa Feader e un sinal da Deputación que marca o inicio da estrada OU-0606.

• OU-0606–OU-0605: neste punto hai un cruzamento de dúas estradas, no cal se debe tomar a vía da dereita. Neste sentido hai un sinal de Parada do Sil 17,3; un sinal da Ruta do Viño: Cristosende, e un sinal da Secretaría Xeral para o Turismo «Ribeira Sacra: Parada de Sil». Ao tomar o desvío, vense na marxe dereita da estrada de novo os sinais de Parada de Sil 17,3 e da Secretaría Xeral para o Turismo. Ademais, hai un sinal de Cristosende 2,5; un sinal do miradoiro da Galeana; un sinal da Deputación que marca o comezo da estrada OU-0605 e un sinal de Casa Grande de Cristosende Turismo Rural 2,5.

• OU-0605–OU-0508: no cruzamento hai que tomar a estrada que vai para a dereita, estando sinalizados nesa dirección o miradoiro de Cabezoás e o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, dous dos fitos referidos por Turismo de Galicia, polo que o risco de confusión é baixo. Ao tomar esta vía, na marxe dereita, hai tamén un sinal da casa rural A Casa da Eira e un sinal de Luíntra 21.

• OU-0508–Local: neste punto débese xirar á dereita, existe un sinal da Ruta do Viño que indica «Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil», e na parte dereita da estrada, un cartel da Secretaría Xeral para o Turismo que tamén sinaliza o mosteiro.

• OU-903–OU-0607* (alternativa): no desvío está sinalizado «A Teixeira/Sta. Tegra», Casa Grande de Cristosende, A Teixeira Casa do Viño e aloxamento rural O Lugar do Souto.

• OU-0607–OU-0605* (alternativa): no cruzamento hai un stop, tras o que se debe xirar á dereita. Non hai risco de perda, pois un sinal indica «Parada de Sil».

Impactos: alpendres de bloque (Valcar), granxa en Sta. Tegra de Abeleda, nave en O Couto (Castro Caldelas), igrexa nova de Carballedo, material alóctono (S. Fiz de Asma), construción sobre castro (S. Fiz de Asma), acceso a Chouzán (acondicionado en 2019 e xa deteriorado), vexetación no acceso á igrexa da Cova

missing image file

3. Accesibilidade.

Este traballo non analiza a accesibilidade dos espazos miradoiros existentes por ser un traballo en desenvolvemento polo Consorcio, con actuacións previstas nos próximos meses.

Si se teñen en conta as diversas normativas de accesibilidade en espazos públicos á hora de seleccionar os ámbitos de intervención que se propoñen.

Os posteriores proxectos de execución detallarán o cumprimento da normativa de accesibilidade.

4. Impactos.

Nos dous itinerarios que se analizan, que comparten afeccións á paisaxe, podemos distinguir varios tipo de impactos paisaxísticos.

Comezariamos pola propia condición dos ríos transformados en encoros de produción de enerxía eléctrica que sepultaron vales e núcleos, e que hoxe ofrecen por contraste outras panorámicas e posibilidades de desfrute.

O estado dos núcleos é manifestamente mellorable, especialmente coas intervencións de finais do século XX e inicios do XXI, aínda que os itinerarios panorámicos que estudamos non son os máis maltratados da AEIP Ribeira Sacra.

As actividades agrícolas producen determinados impactos, que van desde perda da biodiversidade e compoñentes naturais (modificación de canles, eliminación de ecosistemas, introdución de especies alóctonas) ao uso excesivo de biocidas ou elementos modernos como rodrigas. En canto ás construcións accesorias de uso agrogandeiros, destacan as granxas vencelladas a movementos cooperativos que na provincia de Ourense se fan máis visíbles. Ademais destas, temos pequenas construcións xeralmente en materiais inaxeitados ao contorno, e que se fan máis presentes cando cortan as siluetas da paisaxe ou se interpoñen nas vistas ás ribeiras. Por último, as intervencións con materiais alóctonos son especialmente impactantes cando se cambian os socalcos de pedra seca por perpiaños ou muros de coieira.

Con respecto aos itinerarios en si mesmos, en epígrafes anteriores ofreceuse unha referencia ao viario, cruzamentos e accesibilidade. Con todo, hai dous puntos que merecen ser salientados. Dunha banda, os impactos causados pola vexetación nos accesos aos puntos de interese, así como deterioración das obras de acondicionamento das súas contornas e accesos. Doutra banda, os distintos modelos de marquesiña das paraxes de autobús e o seu diverso estado de conservación.

Finalmente, cómpre ter presente a actividade turística e o impacto do uso público. Hoxe en día é moi limitado, ben que as perspectivas de crecemento futuro fan preciso sentar as bases para unha xestión sustentable e de calidade, capaz de potenciar o valor universal excepcional do sitio. O Plan de xestión elaborado con motivo da candidatura de Ribeira Sacra a patrimonio mundial recolle esta necesidade de planificación e deseña un conxunto de medidas ao respecto estruturadas en sete programas: Patrimonio e paisaxe cultural; Ordenación do territorio; Conservación dos valores naturais e ambiente; Desenvolvemento económico sustentable; Xestión do turismo; Educación, formación e investigación; e Comunicación e participación. Nunha epígrafe final denominada «Planimetría» identifícanse impactos que afectan os dous itinerarios para ser estudados polo Pacto pola paisaxe que se pretende desenvolver e que o seu prazo e orzamento lle permiten abordar.

Oportunidades: pombal no Couto (Castro Caldelas), cerdeiras en flor (A Míllara), traballos da artesá Anna Champeney (A Teixeira), poboado da central eléctrica San Martiño de Sacardebois, viaxes en globo, construcións históricas susceptibles de recuperación, muros da estrada de interese arquitectónico

missing image file

5. Oportunidades.

Ao mesmo tempo que o territorio presenta impactos sobre a paisaxe, podemos facer mención ás oportunidades, elementos naturais e culturais que na actualidade non están suficientemente valorizados, xa sexa debido á falta dunha reflexión integral sobre os valores da paisaxe ou xa sexa por falta de ferramentas específicas para a súa activación.

Todas as oportunidades que se mencionan a continuación están abordadas desde a óptica de contribuír a unha mellora na percepción do lugar e a súa contorna, o que en última instancia se traducirá nun fortalecemento da conservación e mantemento de espazos, recursos e patrimonio. Esa activación deberá ser abordada baixo os criterios paisaxísticos desde os que se redacta o presente plan, co fin de evitar que estas oportunidades rematen por se converter en graves impactos, derivado da mercantilización da paisaxe.

Comezariamos polo patrimonio cultural (BIC e elementos catalogados) e natural, con espazos naturais e árbores monumentais que cualifican o territorio e que se abordarán con programas específicos, deseñados sobre a base dunha correcta conservación ambiental e/ou patrimonial, segundo o caso. Destacariamos o patrimonio etnográfico que acompaña os itinerarios: pombais, fontes, pontes e pontellas, que poderían ser abordados desde o pacto.

A vexetación da Ribeira Sacra non se reduce aos viñedos e aos soutos, froiteiras e carballeiras, entre outras, poden axudar a compoñer un mapa de cor que acrecente e desestacionalice a comprensión e desfrute do máis coñecido viñedo.

Algunhas infraestruturas industriais ou vencelladas a elas, en concreto as hidroeléctricas, poderían ter unha segunda vida e recualificar o contorno, como pasou co edificio da central dos Peares, velando sempre por dotalos dun uso sustentable e compatible cos valores do lugar.

Outras formas de contemplación da paisaxe son tamén posibles na Ribeira Sacra e na súa AEIP. Estamos a falar do ferrocarril, en concreto no fermoso tramo de Monforte de Lemos aos Peares, pero tamén na posibilidade dunha singradura en globo aerostático. Este tipo de oportunidades deberán ser analizadas e/ou limitadas (a determinados espazos ou períodos) para que a súa activación non se traduza en impactos sobre o territorio.

Por último e máis importante, as grandes oportunidades están nos seus habitantes, que coidan e dan vida a este territorio.

Nunha epígrafe final denominada «Planimetría» identifícanse oportunidades que afectan os dous itinerarios para ser estudados polo Pacto pola paisaxe que se pretende desenvolver e que o seu prazo e orzamento lle permiten abordar.

Barxacova, Parada de Sil, Doade, Os Peares e Cabo do Mundo

missing image file

Caracterización da paisaxe da Ribeira Sacra

En liña coa descrición que o Catálogo das paisaxes de Galicia fai sobre a grande área paisaxística Ribeiras Encaixadas do Miño e do Sil, realízase a caracterización da paisaxe obxecto da actuación.

A Ribeira Sacra é principalmente unha paisaxe fluvial. Os ríos Sil e Miño discorren entre socalcos e viñedos, observados desde o alto por múltiples mosteiros que achegan á paisaxe un halo sagrado.

missing image file

A morfoloxía vén determinada pola organización sobre os eixes dos dous ríos. O paradigma desta área son os vales, con presenza de todas as tipoloxías, desde os canóns ata os vales amplos e chairos, pasando por vales encaixados de forte pendente e sucesións de pequenas valgadas con interfluvios de media altura. As formas das elevacións son normalmente suaves, coa excepción das escarpas dos canóns e os vales máis encaixados.

Os planos de auga adquiren aquí un protagonismo determinante: son planos alongados e sinuosos, que forman unha sucesión de niveis en chanzos marcados polos numerosos encoros que pautan os cursos do Miño e do Sil. Estes planos ofrecen un claro contraste formal coas abas das ribeiras, dando lugar ás diferentes tipoloxías de escenas fluviais que caracterizan esta área da paisaxe.

missing image file

A paleta cromática está protagonizada polas diferentes tonalidades e brillos de azuis dos planos de auga. Nas ribeiras dos vales máis aplanados dominan os verdes das superficies de cultivo e pequenas masas de verde escuro correspondente ao arboredo autóctono. Nos vales máis encaixados, e especialmente nos canóns, destacan por un lado as plantacións de viñedo, nas abas orientadas ao sol, e por outro as coberturas de matogueira ou de arboredo autóctono, así como zonas de afloramento rochoso de cores escuras. A riqueza cromática das composicións de cultivo, viñedo, arboredo, rocha e planos de auga, moi variables coas estacións, combínase co contraste formal.

missing image file

Coas características formais e cromáticas enunciadas, pode deducirse facilmente que aquí son numerosos os elementos focais ou singulares: principalmente os canóns, as formas rochosas, as masas de arboredo autóctono, asociadas fundamentalmente ao curso dos ríos e ás plantacións de viñedo, conformadoras dunha tipoloxía de paisaxe propia, caracterizada polo aliñamento das vides, o axuste topográfico que acada valores máximos nas abas con muras ou socalcos, e a variación estacional de cores e texturas, entre os verdes vivos, os amarelos e vermellos e as formas aleatorias, case caligráficas, dos troncos no inverno.

A linealidade da Ribeira Sacra, asociada ao trazado dos vales, determina tamén as condicións de visibilidade e a composición das escenas. Destacan as escenas de predominio simétrico, en forma de uve, cos diferentes graos de apertura que definen as variadas tipoloxías dos vales do Miño e do Sil. A composición paradigmática dáse nos tramos máis encaixados, como nos canóns do Sil, onde as bacías se fan máis curtas porque o trazado sinuoso do río provoca que as abas en forte pendente exerzan de sucesivos panos de fondo, provocando un dinamismo da paisaxe que se percibe á perfección navegando sobre o río. Nas cornixas destes vales existe unha multitude de miradoiros panorámicos que ofrecen vistas de moi alta valoración estética.

missing image file

Outros valores panorámicos poden atoparse na gran cantidade e calidade de rutas de sendeirismo de pequeno percorrido, das cales se pode destacar a ruta das pasarelas do río Mao, perfectamente integradas; tamén están os Camiños de Santiago, tanto o Camiño Francés coma o de Inverno, en que o viaxeiro pode ver unha excelente mostra da paisaxe e das siluetas durante o seu transcurso pola Ribeira Sacra.

missing image file

Camiño de Inverno. Cóbados de Belesar

As infraestruturas adquiren tamén un importante protagonismo, cos trazados de estradas que aproveitan os cursos dos ríos e os cruzan mediante pontes. Tamén os encoros de aproveitamento hidroeléctrico, que xeran eses planos de auga percibidos como elementos de valoración positiva nas escenas.

A singularidade da paisaxe dos canóns do Miño e do Sil vén caracterizada por unha confluencia de elementos de alto valor natural e antrópico cunha relación altamente sinérxica. Son terras fragosas de gran diversidade en flora e fauna en convivencia con aproveitamentos agrícolas de tipo tradicional.

missing image file

Desde o punto de vista perceptivo, os fortes contrastes no relevo dos canóns fluviais veñen reforzados nesta área pola morfoloxía do cultivo predominante: o viñedo en socalcos. A distribución lineal deste cultivo segundo cotas de altitude reforza a percepción da pendente, presentando os socalcos superficies unitarias maiores nas ladeiras máis suaves, fronte a distribucións moito máis lineais e estreitas a medida que a pendente se acentúa. Este carácter estriado do cultivo fai, ademais, de fío condutor das visuais do observador, alongando os percorridos da mirada moito mais aló do que cabería esperar nunha paisaxe encaixada. Esta singularidade perceptiva vese acentuada dun xeito estacional coa riqueza cromática que adquire o cultivo no outono, onde unha ampla gama de cores contrastan co resto de coberturas focalizando a súa percepción textural.

missing image file

A diversidade dos valores naturais vén completar a singularidade paisaxística descrita, estando parte do canón do Sil considerado como zona de especial conservación na Rede Natura. Trátase de ecosistemas de transición climática, onde vexetación de tipo mediterráneo comparte o espazo con especies atlánticas. Boa mostra desta singularidade mediterránea son os bosquetes de sobreiras e algunhas mouteiras de aciñeiras. En xeral, as abas máis expostas ao sol están poboadas principalmente por matogueiras mentres que nos avesedos son soutos de castaños os que cobran especial entidade. Esta diferenza entre ladeiras faise especialmente evidente no canón do Sil, onde o eixe fluvial leste-oeste agudiza os contrastes de coberturas.

Desde o punto de vista xeolóxico, son de especial beleza os afloramentos rochosos presentes en todo o canón, con texturas moi variadas que van desde a suave globosidade dos penedos graníticos illados ata os cortantes perfís dos aguillóns nos cantís máis verticais.

missing image file

En canto aos valores culturais, a longa perspectiva histórica desta técnica de cultivo na zona ofrece unha enorme riqueza etnográfica de elementos paisaxísticos tradicionais. Muros de pedra en seco, escadas de comunicación entre socalcos, peches de parcela, instalacións de apoio á recolección e rega ou construcións tradicionais de almacenaxe de apeiros son algúns exemplos deste vasto patrimonio etnográfico.

missing image file

Estes valores culturais complementan a riqueza arquitectónica das edificacións civís e relixiosas dos pequenos asentamentos tradicionais situados nas abas dos canóns.

A pesar das dificultades de accesibilidade e visibilidade que ofrece a topografía dun canón fluvial, nesta área existe una ampla rede de puntos de observación e rutas contemplativas que elevan a exposición visual desta paisaxe singular.

Os miradoiros son un dos atractivos que atrae ano tras ano moitos viaxeiros que queren desfrutar desta singular paisaxe fluvial e cultural.

Existen poucos sitios con tal cantidade de miradoiros (segundo o IET, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e Turismo de Galicia existen un total de 52 miradoiros na parte central do BIC Ribeira Sacra) e coa calidade paisaxística e arquitectónica con que se materializan algúns deles, sen esquecer aqueles outros miradoiros naturais que se descobren a medida que se percorre o lugar.

Recentemente os miradoiros do concello de Sober recibiron en novembro de 2020 o selo Q de calidade turística na categoría de «Espazos públicos singulares», mostra da relevancia que teñen estes equipamentos.

Os principais puntos de contemplación están situados nos extremos de cota dos canóns e, en moitos casos, están relacionados cos itinerarios de interese paisaxístico, polo que é doado baixar dos vehículos e descubrilos a pé.

missing image file

missing image file

missing image file

Por unha banda, existe unha densa rede de miradoiros nas partes altas de ambos os canóns e, por outra, o carácter embalsado das augas ofrece a posibilidade de varias rutas fluviais de navegación óptimas para a contemplación da paisaxe desde a cota máis baixa desta paisaxe.

missing image file

Percorrer os embalses a bordo das diversas embarcacións que realizan este servizo é unha das formas máis sinxela de coñecer o territorio. Máis de 160.000 persoas elixen cada ano este tipo de visitas guiadas, polo que o coidado das siluetas desde a lámina de auga é tamén moi importante.

missing image file

Do mesmo modo, o tráfico fluvial tamén é percibido desde o lago do canón, co incesante ir e vir de embarcacións, que converte estes embalses en espazos dinámicos e de actividade.

missing image file

Obxectivo

O obxectivo fundamental do Plan de acción da paisaxe é a mellora da percepción da paisaxe e da comprensión dos valores da paisaxe cultural da Ribeira Sacra nos itinerarios panorámicos Chantada-Ponte Nova dos Peares e Monforte de Lemos-Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. O espazo de actuación do plan correspóndese con aqueles tramos destes itinerarios que transcorren pola AEIP-05-03 Ribeira Sacra ou polo BIC Ribeira Sacra, e que suman no seu conxunto un total de 61,06 km.

Desde o punto de vista da percepción da paisaxe, inclúense non só os itinerarios, senón tamén todos aqueles elementos visibles desde eles, así como as instalacións e servizos que se atopan no seu contorno e que permiten a contemplación dos valores estéticos e panorámicos da paisaxe. Téñense en conta tamén aqueles itinerarios peonís e/ou ciclistas conectados cos itinerarios 16 e 17 e que amplían as posibilidades de desfrute da paisaxe.

Desde o punto de vista da comprensión da paisaxe cultural, inclúense aqueles elementos do patrimonio natural e cultural que están en puntos singulares dos itinerarios, ou nas súas inmediacións, e que contribúen a explicar os valores excepcionais da paisaxe cultural. Dado que a paisaxe cultural da Ribeira Sacra é o resultado da acción conxunta do home e da natureza, foméntase tamén o contacto entre visitantes e poboación local, facilitando o coñecemento das tradicións, lendas e produtos autóctonos da zona e estimulando na medida do posible o consumo ou adquisición deles. Aínda máis, propóñense ámbitos específicos que destaquen o labor de persoas excepcionais, proba de como se constrúe a paisaxe hoxe (paisaxe cultural viva) e incluirase unha perspectiva de xénero que destaque valores e papeis descoñecidos polo gran público.

A inclusión de todos estes elementos no itinerario, facilitando o estacionamento, percorridos circulares curtos, a contemplación e comprensión da paisaxe e a interacción cos habitantes, en combinación co deseño dun modelo de uso público, sobre as bases do Plan de xestión da candidatura de Ribeira Sacra, permitiría xerar unha experiencia lenta, de 8 horas de duración para cada un dos itinerarios. A combinación de ambos os itinerarios, unido á hostalaría e servizos locais, podería ser a base para xerar no futuro estadías turísticas dunha fin de semana.

Para acadar ese obxectivo xeral, este plan de acción fíxase como obxectivo formular actuacións cos organismos titulares das vías públicas e sentar as bases para a sinatura dun convenio de colaboración con eles, no cal se inclúa o compromiso de mantemento das actuacións que se vaian realizar. Na epígrafe «Proposta de medidas» inclúense unha relación dos atributos que singularizan a Ribeira Sacra e que teñen unha presenza relevante en determinados puntos dos itinerarios panorámicos. Xorden así unha serie de «ámbitos de actuación», resultado da combinación de atributos e espazos, nos cales se propón desenvolver actuacións que contribúan a unha mellor percepción e comprensión da paisaxe.

As actuacións presentadas no presente plan adecuaranse aos obxectivos e directrices formulados na Lei 42/2007, da biodiversidade e do patrimonio natural (BOE núm. 299, do 14 de decembro) e da Lei 5/2019, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia (DOG núm. 149, do 7 de agosto), especialmente as referidas á protección da paisaxe e as relativas aos espazos considerados como reservas da biosfera. Estas actuacións axústanse ás determinacións contidas nas Directrices de paisaxe (Decreto 238/2020), de conformidade cos obxectivos de calidade paisaxística (OCP) establecidos, e integrándose nos instrumentos de planificación e ordenación existentes. As intervencións cumprirán coas determinacións da Guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos para aquelas actuacións que traballen cos pavimentos; coa Guía de cor e materiais de Galicia, para atender as recomendacións sobre intervencións en fachadas; e, en xeral, coa Guía de boas practicas para a intervención nos núcleos rurais; todas elas publicadas polo Instituto de Estudos do Territorio (IET).

Estratexia do Plan de acción da paisaxe Ribeira Sacra

Estratexia

Para acadar os obxectivos propostos, a estratexia componse de 3 fases: Plan de acción, participación e mantemento, ademais de ter en conta o Plan de sustentabilidade turística.

1. Plan de acción.

O desenvolvemento do Plan de acción deberá cumprir co disposto no Regulamento da Lei da paisaxe (Decreto 96/2020), especialmente co establecido nos artigos 12. Procedemento de elaboración dos catálogos da paisaxe, das directrices de paisaxe e dos plans de acción da paisaxe, e 13. Aprobación e réxime de publicidade dos catálogos da paisaxe, das directrices de paisaxe e dos plans de acción da paisaxe.

O seu desenvolvemento estrutúrase en tres eixes: o convenio, o plan e o proxecto.

En primeiro lugar, asinarase un convenio entre os órganos ou axentes encargados de autorizar e desenvolver as actuacións: titulares das vías polas cales transcorren os itinerarios panorámicos 16 e 17 (Deputación de Lugo, Deputación de Ourense, Axencia Galega de Infraestruturas) e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. As accións dese convenio desenvolveranse con base no disposto neste documento (memoria técnica ou plan de acción), unha vez aprobado.

A memoria técnica ou plan de acción (o presente documento) formula un conxunto de propostas, para cada unha das cales se inclúe unha descrición detallada, a estimación dos custos, os órganos, entidades ou axentes encargados de desenvolvelas e a súa programación temporal.

O documento inicial será sometido a información pública mediante o procedemento previsto no Regulamento da Lei da paisaxe. Simultaneamente, polo prazo de tres meses, someterase a informe dos concellos afectados e das consellerías competentes en ordenación do territorio, patrimonio cultural, entre outros.

Ademais, solicitarase informe ao Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, por ser o órgano ao cal se prevé encargar o desenvolvemento das medidas previstas. De ser o caso, nesta fase daríase tamén traslado a calquera outro organismo público ou privado sobre o cal recaese a responsabilidade do desenvolvemento do plan.

O Instituto de Estudos do Territorio valorará as alegacións e informes, daralles resposta escrita e razoada e introducirá, se é o caso, as modificacións correspondentes no plan, que unha vez aprobado, que incorporarán como anexo do convenio.

Posteriormente, levarase a cabo o seu desenvolvemento. Algunhas das accións previstas serán executadas polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra a través de proxectos, mentres que outras actuacións, pola súa natureza e envergadura, serán acometidas a través do Pacto pola paisaxe.

missing image file
missing image file

Fonte: Informe sobre a participación pública na elaboración das directrices de paisaxe de Galicia 2016

2. Participación.

O referente para a participación é a revisión do proceso levado a cabo para a elaboración das Directrices da paisaxe, estruturado arredor de obradoiros e ferramentas web. O resultado foi a identificación das aspiracións dos participantes no relativo aos obxectivos de calidade paisaxística, isto é, as súas preferencias sobre as características paisaxísticas da súa contorna, e a súa opinión sobre posibles medidas de protección, planificación e xestión da paisaxe.

As conclusións do dito proceso (das cales se ofrece unha síntese na páxina anterior) revelaron como elementos que deben definir a paisaxe futura por orde de prioridade os seguintes:

1º. Bosques naturais, como fragas, carballeiras e bosques de ribeira.

2º. Ríos, lagoas, encoros ou zonas húmidas.

3º. Núcleos rurais tradicionais.

4º. Xacementos arqueolóxicos, patrimonio cultural, histórico ou etnográfico.

5º. Viñedos, froiteiras ou hortas.

6º. Sendas, viario tradicional e histórico ou Camiño de Santiago.

De acordo co proposto nese proceso de participación, a acción da paisaxe debía avanzar fundamentalmente, por este orde, cara á protección de bosques e espazos naturais (95 % están máis de acordo ou completamente de acordo coa opción), favorecer o aproveitamento dos bosques (91 %), limitar as actividades industriais e mineiras (89 %) e protexer os elementos patrimoniais (87 %).

Porén, este proceso de participación tivo lugar hai xa catro anos e o nivel de representatividade nas comarcas da Ribeira Sacra Silense e da Ribeira Sacra Miñota foi dos máis baixos de Galicia, sen que chegase a acadar o 1 % de participación sobre o total. Ademais, nos últimos anos a valoración da paisaxe por parte da poboación local medrou exponencialmente, froito da declaración do BIC Ribeira Sacra, das candidaturas a patrimonio mundial e a reserva da biosfera, e do progresivo auxe do Camiño de Inverno. En consonancia con estas iniciativas, a valoración de determinados elementos paisaxísticos, tales como viñedos, socalcos ou viario histórico, podería ter medrado notablemente.

O proceso de participación será asumido polo IET, coa colaboración do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, por ser o organismo que representa os concellos e pola oportunidade que supón para o intercambio de información (véxase «anexo 1: Previsións de investimentos nos concellos do CTRS»). Esta participación permitirá, ademais, que as propostas que se formulen estean previamente concertadas co propio Consorcio, que será quen asuma o compromiso da execución das obras.

Neste proceso de participación teranse tamén en conta outras actuacións tamén en desenvolvemento, como son as seguintes:

• Plan de ordenación do medio físico San Fiz de Asma no concello de Chantada.

• Área de rehabilitación integrada en todo o ámbito da Ribeira Sacra.

• Pacto pola paisaxe.

• Plan HURBE Ribeira Sacra.

• Impacto de cambio climático na Ribeira Sacra.

• Iniciativa Árbores con historia.

missing image file

Reunión dos membros do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, 2019

missing image file

Entrega do Premio Galicia Parabéns 2019 (Promoción) ao Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, 2019

missing image file

Reunión de constitución do Consello de Parroquias da Ribeira Sacra, convocada polo Consorcio, 2019

3. Mantemento.

Para que as medidas teñan éxito é fundamental garantir o mantemento das actuacións, para o que será clave o papel do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a participación da poboación local.

Desde a súa constitución en 2005, este órgano tense revelado como unha das canles máis eficientes para o desenvolvemento de estratexias conxuntas, a través da cooperación dos seus socios, entre os cales se atopan 21 concellos, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra e a Asociación Ribeira Sacra Rural. O resultado é unha plataforma capaz de representar os intereses dos municipios e de dous sectores clave para o territorio, como son a viticultura e o turismo.

No exercicio das súas funcións, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra desenvolveu proxectos de mellora da paisaxe, como «Un toque de cor na Ribeira Sacra» (2015-2016), o proxecto de investigación sobre esgrafiados ou a proposta «Máis que cor na Ribeira Sacra», elaborada con motivo da convocatoria dos Premios Galicia Parabéns da Axencia Turismo de Galicia e que finalmente non se desenvolveu.

Todos eles, lle confiren experiencia non só na realización de proxectos e obras, senón tamén na organización de actividades de participación, sensibilización e implicación da poboación local, e por suposto, na comunicación de todas as actividades e os seus resultados.

Polo tanto, tal e como se sinalou no punto 1 da estratexia (Plan de acción) a implicación deste órgano, a través da sinatura dun convenio para o desenvolvemento das obras, será vital na execución das actuacións, requiran ou non proxectos previos.

Ademais, o seu coñecemento e experiencia será clave para a selección dos puntos concretos sobre os cales intervir, así como a súa proximidade ao terreo e o seu contacto cos axentes locais e o recoñecemento da propiedade do predio onde se actúe.

Nesta fase de mantemento, a través do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e como culminación ao proceso de participación, valorarase que cada un dos ámbitos de actuación sexa custodiado por un/unha veciño/a, encargado de detectar e comunicar afeccións na actuación desenvolvida.

Esta custodia poderíase complementar coa formación do/da veciño/a implicado/a, explicándolle en detalle o proxecto, os distintos ámbitos e os valores concretos que se queren presentar no seu punto concreto. Recolleranse tamén as súas achegas, que en función do seu valor se poderán incorporar no formato papel ou web das guías que se realizarán de cada itinerario.

No cadro seguinte defínense as medidas que se van desenvolver. En verde aparecen aquelas medidas que este plan ten por obxecto, en cor negra aquelas medidas que se propoñen para realizar fóra do marco competencial do Plan de acción.

Tipo

Medidas

Actuacións executivas

Identificación de necesidades de soterramento de liñas eléctricas

Inventario de postes que se van substituír

Inventario e diagnóstico do estado da sinalización existente*

Identificación de necesidades de elementos etnográficos*

Identificación das melloras necesarias nos entornos dos BIC*

Proxectos de obras, instalacións ou infraestruturas

Dotación de paneis informativos e sinalización (TOD)

Retirada de sinalización antiga

Identificación de espazos de paraxe/estacionamento

Revexetación, restauración ecolóxica, limpeza e conservación

Mitigación e control de invasoras e plantación de especies autóctonas

Limpeza e valorización de fervenzas

Compromiso dos titulares das vías coa limpeza e conservación

Fomento e colaboración con propietarios

Identificación de puntos de mellora (adegas, granxas, naves, etc.)*

Proposta de liñas de axuda a propietarios/empresas

Sensibilización, educación, divulgación e investigación

Plan de comunicación

Guía de itinerarios en soporte papel e dixital

* As medidas sobre os 16 puntos de actuación están inicialmente recollidas nun Sistema de información xeográfica para a xestión futura.

Plan de sustentabilidade turística Ribeira Sacra

A finais de 2020, a Secretaría de Estado de Turismo (Setur) seleccionou a proposta presentada polo Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra ao Programa de plans de sustentabilidade turística en destinos, dotado de orzamento da Setur para executalo a través de plans anuais, cuxos beneficiarios serán as entidades locais receptoras das transferencias de capital, contando co cofinanciamento destas e das comunidades autónomas.

Das 154 propostas que se presentaron á convocatoria, seleccionáronse un total de 25, das cales 18 son plans para o impulso a destinos rurais, entre os cales se atopa A Ribeira Sacra, e 7 son proxectos para destinos pioneiros, xa consolidados.

Para a redacción do Plan de sustentabilidade turística da Ribeira Sacra partiuse do diagnóstico turístico elaborado polo Plan de xestión da candidatura a patrimonio mundial, actualizándoo co diagnóstico COVID-19 efectuado polo propio sector, complementado cos datos obtidos nas reunións participativas, as entrevistas individualizadas e as enquisas a turistas realizadas con motivo da redacción da proposta.

missing image file

O plan aprobado establece como obxectivo fundamental «Estruturar un conxunto de actuacións que, enmarcadas nas liñas da candidatura da Ribeira Sacra a patrimonio mundial, permitan garantir a sustentabilidade ambiental, económica e social no proceso de consolidación da Ribeira Sacra como destino turístico».

Para a consecución deste obxectivo xenérico, establecéronse 12 obxectivos operativos e un plan de acción con 5 liñas estratéxicas; cada unha delas materialízase nunha serie de accións:

1. Mobilidade sustentable

2. Paisaxe cultural

3. Transformación competitiva

4. Produto, márketing e intelixencia turística

5. Gobernanza colaborativa

As dúas primeiras estratexias son especialmente relevantes desde o punto de vista do Plan de acción da paisaxe.

A liña estratéxica «Mobilidade sustentable» persegue:

• Fomento do uso do transporte público intermodal entre visitantes e residentes.

• Apoio á introdución de fontes de enerxía dispoñibles no territorio, como é a electricidade producida nas centrais hidroeléctricas dos ríos Miño e Sil ao seu paso pola Ribeira Sacra.

• Establecemento de medidas de control de fluxos turísticos.

• Impulso á mobilidade a pé e en bicicleta.

Entre as primeiras accións que se van desenvolver dentro desta liña está o desenvolvemento dun plan de mobilidade sustentable.

A liña estratéxica «Paisaxe cultural» comprende accións encamiñadas:

• Á decuación e recuperación do patrimonio cultural.

• Embelecemento de núcleos, garantindo a preservación dos seus valores e a sustentabilidade no seu uso turístico.

• Velar por que a actividade turística contribúa ao desenvolvemento socioeconómico do territorio.

• Loita contra o despoboamento.

Tras a sinatura do convenio entre a Secretaría de Estado de Turismo, a Xunta de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, o Plan está xa en desenvolvemento, cun orzamento de 2 millóns de euros para o período 2021-2023.

missing image file

Proposta de medidas

Segundo o artigo 23 do Regulamento da Lei da paisaxe, a proposta de medidas para a consecución dos obxectivos incluirá:

a) «Actuacións executivas ou de intervención pública, promovidas ao abeiro da normativa en materia de ordenación do territorio, urbanismo, patrimonio natural, política agraria e forestal, augas e costas.

b) Proxectos de obras, instalacións ou infraestruturas.

c) Actuacións de revexetación, plantación forestal, restauración ecolóxica, limpeza e conservación, así como de sustentabilidade enerxética e loita contra a contaminación luminosa.

d) Actuacións de fomento ou colaboración económica e material cos propietarios e demais suxeitos que interveñen na xestión da paisaxe.

e) Actuacións de sensibilización, educación, divulgación e investigación sobre os valores paisaxísticos».

En virtude do índice anterior, formúlase unha proposta xeral de medidas na páxina anterior e que permitirán corrixir impactos paisaxísticos, controlar e mitigar as especies exóticas invasoras e facer unha xestión racional do uso público.

Dada a imposibilidade de abordar o desenvolvemento de todas estas actuacións a través do orzamento do Plan de acción, proponse executar algunhas delas a través do Pacto pola paisaxe e concentrar a execución do plan en tres liñas fundamentais de actuación, que se presentan nas seguintes páxinas:

1. Sinalización

2. Restauración

3. Comunicación

Definidos estes tres tipos de actuacións, establécese unha serie de contidos que servirán para orientar o desenvolvemento das accións cara a unha mellor percepción dos valores esenciais do territorio e, en definitiva, cara á mellora da percepción da paisaxe que o plan pretende.

i. Viticultura

ii. Policultivo

iii. Os ríos

iv. Rehabilitación

v. Traslado de monumentos

vi. Tecnoloxía hidráulica e reciclaxe

vii. Complexidade territorial

viii. Artesanía

ix. Patrimonio cultural sobranceiro

x. Patrimonio natural sobranceiro

xi. Espiritualidade e camiño

xii. As persoas

missing image file

Exemplo de sinalización antiga e exemplo de confusión na sinalización

Actuacións: 1. Sinalización

O desenvolvemento da actuación de sinalización virá determinado polos seguintes criterios:

• Identificar puntos de interese escénico e panorámico en que reforzar a comunicación: localízanse os puntos que merecen, con base na natureza estética do itinerario ou da súa posición, un reforzo da información que se proporciona ao visitante, para favorecer a parada, contemplación e comprensión da paisaxe.

• Identificar lugares de sinalización confusa: localízanse aqueles puntos dos itinerarios nos en os sinais actuais non informan ou orientan de modo eficiente o visitante, por contar con sinais contraditorios, erróneos ou duplicados.

• Avaliar os puntos identificados e a súa coincidencia con lugares de interese ou con cruzamentos de itinerarios: para os puntos identificados nos dous puntos anteriores, valorarase se poden existir factores adicionais que fagan aumentar a conveniencia da sinalización. Por exemplo, a existencia de bens de interese cultural/natural, rutas ou sendeiros no contorno dos itinerarios (véxase epígrafe «Planimetría»).

• Valorar espazos de uso múltiple: prestarase especial atención a aqueles espazos que poidan dar resposta a diversas necesidades propias dun itinerario por estrada, como son puntos de paraxe ou estacionamento, adaptados ás necesidades dos diversos tipos de vehículos (autobuses, automóbiles, motocicletas, bicicletas, etc.)

• Valorar o aproveitamento de tramos de estrada sen uso: analizaranse as estradas para detectar tramos hoxe en desuso que poidan supor unha oportunidade para a contemplación dos valores estéticos e panorámicos da paisaxe.

Con base nas consideracións extraídas da análise anterior, identificaranse espazos prioritarios en que desenvolver 3 liñas de actuación en materia de sinalización:

• Retirar sinalización antiga ou fóra de uso: na paisaxe da Ribeira Sacra perduran sinais que, por diversos motivos, xa non cumpren a súa función e é necesario retirar. Ademais daqueles deteriorados polo paso do tempo e pola acción dos axentes externos, perviven sinais referentes a recursos que hoxe xa non existen.

• Implantar nova sinalización: froito das análises levadas a cabo, identificaranse lugares prioritarios para o desenvolvemento de accións de sinalización. O número e localización dos sinais non interferirá na paisaxe, primando o deseño sustentable e baseado nos valores culturais e naturais da paisaxe. Os novos sinais serán suficientes para axudar o visitante a seguir o itinerario, e incluirán tanto letreiros con logotipos como letreiros direccionais orientados ao turismo (TOD), que indicarán os servizos dispoñibles nas inmediacións e a distancia a eles, pero sen indicar os nomes comerciais.

• Paneis informativos: complementando a sinalización, fortalecerase a divulgación e promoción dos valores da paisaxe cultural da Ribeira Sacra a través do deseño e instalación de paneis informativos, mesas panorámicas e outras ferramentas en puntos estratéxicos dos itinerarios, en que ofrecer datos de carácter ambiental, etnográfico, histórico e paisaxístico.

Na páxina anterior incorpórase unha selección de imaxes de estado actual que xustifican a selección dalgúns dos criterios de actuación definidos.

• Outras recomendacións: considérase o emprego do manual de sinalización da «Rede Española de Reservas da Biosfera» por ser un documento de interese.

Mimosas no miradoiro do Cabo do Mundo e diversos impactos relacionadas coa vexetación

missing image file

Actuacións: 2. Restauración

O desenvolvemento da actuación de restauración, nos ámbitos seleccionados neste plan de acción, virá determinado polos seguintes criterios:

• Completaranse os estudos necesarios sobre o estado da vexetación na contorna dos itinerarios: antes de programar actuacións de restauración, cómpre describir, analizar e clasificar as comunidades vexetais existentes, o seu desenvolvemento, a súa distribución espacial e as relacións entre elas, con referencia aos factores condicionantes actuais. Incluirase neste punto a identificación de especies catalogadas como invasoras e/ou nocivas para o ecosistema.

• Salientaranse monumentos naturais, árbores senlleiras e conxuntos monumentais: o inventario e diagnóstico do patrimonio natural existente na AEIP e no BIC é vital, constitúe obxecto de intervención preferente para calquera actuación de mellora e conservación nos itinerarios. Neste momento só o castiñeiro de Entrambosríos esta na zona central, aínda que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural publicou unha Guía de viaxe de árbores singulares na Ribeira Sacra, onde se presentan 16 árbores e 2 formacións singulares.

• Primará a experiencia sensorial: na análise de toda a información recompilada porase especial énfase naqueles aspectos da vexetación que supoñan unha oportunidade para os itinerarios panorámicos, ao reforzar os seus valores estéticos e panorámicos. Inclúense nesta consideración desde a cor das especies vexetais ata as súas fases da floración, pasando polo seu aroma, froitos, así como a súa textura ou densidade.

• Facer perceptible os espazos de fervenzas: aoo longo dos itinerarios panorámicos crúzanse en repetidas ocasións rios, regatos e regueiros que discorren cara ás canles principais xerando fervenzas estacionais ou permanentes que non están acondicionadas para a súa visita ou contemplación. A existencia deste tipo de ámbitos é un criterio clave na selección de espazos ondeemprender actuacións de restauración.

• O impacto dos lumes tamén se deixa ver. Reitérase cada ano en tramos concretos, entre Caxide en Parada de Sil e Cima de Vila en Nogueira no itinerario 17, ou entre Voutureira e A Grixoá no itinerario 16 en Carballedo. En ambas as áreas as intervencións terán en conta os efectos destes lumes na vexetación.

Con base nas consideración extraídas da análise anterior, identificaranse espazos prioritarios nos que desenvolver 3 liñas de actuación en materia de restauración:

• Erradicación de alóctonas: daquelas especies que manifesten un efecto invasor que incida sobre o estado de conservación ou sobre os valores paisaxísticos.

• Revexetación con especies autóctonas: ademais de recuperar espazos, primarase a recuperación de policultivos ou froiteiras, que caracterizaron a produción en socalcos desde hai séculos. Nestas actuacións, matizaranse os usos e tipos de plantas, a súa orixe e o control sanitario (sen herbicidas), entre outros factores.

• Información das especies características e usos: o coñecemento obtido dos estudos desta liña de actuación incorporarase ás actuacións de sinalización (paneis informativos) presentadas na acción anterior, tanto arredor das especies como dos usos do lugar.

O proxecto detectará áreas de necesaria limpeza de entullos ou refugallos, para comunicar ás administracións competentes a súa retirada e limpeza.

Na páxina anterior incorpórase unha selección de imaxes de estado actual que xustifican a selección dalgúns dos criterios de actuación definidos.

missing image file

Diversas imaxes gráficas relacionadas coa Ribeira Sacra

missing image file

Historic Columbia River Highway (Estados Unidos) e Strada del Prosecco (Italia)

Actuacións: 3. Comunicación

O desenvolvemento da actuación de comunicación virá determinado polos seguintes criterios:

• Imaxe única: nos últimos anos desenvolvéronse iniciativas moi importantes para a valorización da Ribeira Sacra, o que conduce a un maior interese por este territorio desde diversos ámbitos e a distintos niveis. Porén, non existe unha única identidade gráfica que contribúa a crear sinerxías entre estas iniciativas e reforce a imaxe de marca do lugar.

• Primar a conectividade e a sustentabilidade co uso de transportes públicos.

• Reforzar a imaxe de Ribeira Sacra como paisaxe cultural: a declaración da Ribeira Sacra como BIC na categoría de paisaxe cultural en 2018 e a candidatura a patrimonio mundial nesta mesma categoría motivan a necesidade de vincular calquera actuación de comunicación sobre este territorio co seu valor como paisaxe cultural viva con máis de 1.500 anos de historia.

Con base nas consideración extraídas da análise anterior, identificaranse espazos prioritarios en que desenvolver 3 liñas de actuación en materia de comunicación:

• Nova imaxe gráfica da Ribeira Sacra: implantación dunha nova imaxe gráfica baseada nos valores de paisaxe cultural viva, que recoñece todas as complexidades do territorio e a súa riqueza, adaptada a diferentes usos, soportes e aplicacións, en liña co manual de identidade. Para iso poderanse empregar recursos tecnolóxicos que impliquen un menor impacto da sinalización no contorno natural.

• Información para os usuarios e visitantes: en coordinación co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, preverase a elaboración dunha guía para cada un dos itinerarios panorámicos 16 e 17 en soporte dixital e en soporte papel.

• Desenvolvemento de estratexias de comunicación: a partir da edición destes materiais, que o Consorcio imprimirá e distribuirá en función da demanda, servirán de base de distintas campañas, internas de concienciación e externas de promoción.

No Decreto 166/2018 polo que se declara BIC A Ribeira Sacra defínese a necesidade dun «plan específico» previo á instalación de calquera sinalética. Esta actuación podería resolver este paso e favorecer a coordinación e viabilidade de actuacións futuras.

Exemplos:

• Scenic Byways.

• Strada del Vino Prosecco.

• Estradas paisaxísticas de Andalucía.

Na páxina anterior incorpórase unha selección de logotipos que xustifican a proposta de actuación en materia de comunicación, así como as imaxes de dúas estradas paisaxísticas no ámbito internacional que poden servir de referencia.

missing image file

Ámbitos de actuación

No itinerario 16 prevese actuar nun total de 9 puntos, dos cales 7 se consideran prioritarios e 2 complementarios, por localizarse nos Peares, un dos núcleos que rexistra un maior número de intervencións previas.

A seguinte táboa recolle o inventario de puntos seleccionados, para cada un dos cales se presenta unha ficha nas páxinas seguintes.

Concello

Parroquia-lugar

Temática

16-1

Chantada

San Fiz de Asma

i. Viticultura / iii. A presenza dos ríos Sil e Miño

16-2

Chantada/O Saviñao

Belesar- Belesar

ii. Cultivos e policultivos / vii. Complexidade territorial dos concellos, parroquias e lugares/xi. Espiritualidade e Camiño de Inverno

16-3

Chantada

A Sariña-Pincelo

i. Viticultura / xii. As persoas

16-4

Chantada

Nogueira de Miño-O Navallo

iii. A presenza dos ríos Sil e Miño

16-5

Carballedo

Erbedeiro-Erbedeiro

iv. Rehabilitación

16-6

Carballedo

Chouzán-Pacios

v. Traslado de monumentos / ix. Patrimonio cultural sobranceiro e bosque de igrexas

16-7

Carballedo

A Cova-Igrexa nova da Cova

ii. Policultivos

16-8

Carballedo/Pantón

Os Peares-Presa dos Peares

vi. Tecnoloxía hidráulica e reciclaxe

16-9

Carballedo/Pantón/Nogueira de Ramuín/A Peroxa

Os Peares (núcleo)

vii. Complexidade territorial de concellos, parroquias e lugares.

missing image file

Bosquexo de Cabo do Mundo. Fonte: Mario Crecente

missing image file

Sección topográfica do itinerario 16, no miradoiro de Guítara

missing image file

Liña de actuación:

Sinalización/Restauración/Comunicación

CÓD.: 16-1

Actuación:

i. Viticultura / iii. A presenza dos ríos Sil e Miño

Municipio:

Chantada

Parroquia:

San Fiz de Asma

Lugar:

Protección:

AEIP/ BIC

Descrición:

No encontro do itinerario 16 co río Miño, danse as condicións idóneas para a parada e contemplación das ladeiras da parroquia de San Fiz de Asma, caracterizadas pola ampla superficie destinada ao cultivo das vides e polo elevado número de bodegas.

A produción de viño, desde 1996 amparada pola D.O. Ribeira Sacra, é unha das actividades que singularizan a paisaxe e a realidade socioeconómica deste territorio desde a Idade Media, grazas á modificación do solo por parte do home, a través da construción de socalcos que sortean fortes pendentes e propician a configuración dun clima favorable para o cultivo da vide.

Actuación:

Limpeza e acondicionamento dunha área de descanso, balcón da Ribeira, que inclúe pérgola pétrea vexetada, nova disposición de contedores, instalación dun panel panorámico e plantación dunha árbore.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Liña de actuación:

Sinalización/Restauración/Comunicación

CÓD.: 16-2

Actuación:

ii. Cultivos e policultivos / vii. Complexidade territorial dos concellos,
parroquias e lugares / xi. Espiritualidade e Camiño de Inverno.

Municipio:

Chantada/O Saviñao

Parroquia:

Belesar

Lugar:

Belesar

Protección:

AEIP/ BIC

Descrición:

Belesar está dividido polo río Miño en dúas partes, pertencendo cada unha delas a un concello diferente. Anualmente celébrase a Feira do Viño e a Cereixa, que en 2019 acadou a súa 14ª edición. Ademais, é punto de paso do Camiño de Inverno, ruta de peregrinación a Santiago de Compostela seguida tradicionalmente polos peregrinos para evitar as neves do Cebreiro.

Este ámbito exemplifica tres das características da Ribeira Sacra como paisaxe cultural: a súa complexidade territorial, a variedade de cultivos (neste caso coa cereixa) e a espiritualidade, visible hoxe no Camiño de Inverno, pero cuxa orixe se remonta ao século VI, cos primeiros asentamentos eremíticos documentados.

Actuación:

Nun ámbito complexo pola execución da nova ponte rachando as topografías orixinais, proponse a limpeza da contorna, a instalación dun panel informativo que presente o Camiño de Inverno a Santiago de Compostela, os esgrafiados e os valores do núcleo, e a plantación dunha árbore, neste caso unha cerdeira.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Liña de actuación:

Sinalización/Comunicación

CÓD.: 16-3

Actuación:

i. Viticultura / xii. As persoas

Municipio:

Chantada

Parroquia:

A Sariña

Lugar:

Pincelo

Protección:

AEIP/ BIC

Descrición:

Ademais de ser un asentamento tradicional nas beiras do Miño, o núcleo de Pincelo salienta por ser o lugar de traballo e residencia dunha das pioneiras no emprendemento rural na Ribeira Sacra: Esther Teijeiro, impulsora da primeira firma de viño ecolóxico de Galicia, producido nunha adega tradicional de pedra coa parte traseira escavada en rocha.

As persoas son as que configuraron a paisaxe da Ribeira Sacra ao longo da historia, primeiro co esforzo que supuxo a construción das terrazas e agora co mantemento dos usos e técnicas tradicionais.

Actuación:

Poucas veces se pode personalizar tanto unha actitude en relación cun territorio, como no caso de Esther Teijeiro. Neste ámbito, entre as súas viñas, casa e adega, e sobre a ponte que cruzan a diario ela e o «neno da ponte», proponse instalar un panel informativo, ademais da indicación do desvío.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Liña de actuación:

Sinalización/Comunicación

CÓD.: 16-4

Actuación:

iii. A presenza dos ríos Sil e Miño

Municipio:

Chantada

Parroquia:

Nogueira de Miño

Lugar:

O Navallo

Protección:

AEIP/ BIC

Descrición:

Entre Chantada e O Saviñao, o río Miño rodea o monte do Navallo formando o gran meandro de Cabo do Mundo, un dos lugares máis coñecidas da Ribeira Sacra. Aínda que este ámbito non se atopa no propio itinerario, está conectado con el e considérase un punto clave para comprender o papel dos ríos na configuración xeomorfolóxica da Ribeira Sacra.

A Ribeira Sacra caracterízase polo encaixamento da rede fluvial, xerando fortes pendentes e condicionando a ocupación do territorio. Os asentamentos de poboación localízanse por riba da liña da bocarribeira, definida como a liña en que se produce un cambio de pendente, pasando de valores superiores ao 30 % a valores inferiores ao 10 %.

Actuación:

Proponse realizar unha parada no núcleo de Nogueira e que un panel informativo dea conta do seu tesouro pictórico, agochado na Igrexa, e do seu tesouro territorial, que se pode percorrer dando a volta completa polo Navallo e Cartemil ata regresar ao estacionamento, nunha ruta impresionante.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Liña de actuación:

Sinalización/Restauración/Comunicación

CÓD.: 16-5

Actuación:

iv. Rehabilitación

Municipio:

Carballedo

Parroquia:

Erbedeiro

Lugar:

Erbedeiro

Protección:

AEIP/ BIC

Descrición:

Desde as ladeiras de Erbedeiro obsérvase a aldea da Míllara ao outro lado do río Miño, no concello de Pantón. Este núcleo, orixinario dos séculos XIV e XV, estivo abandonado ata que foi adquirido por un grupo de propietarios a comezos do século XXI para a súa rehabilitación.

Nas últimas décadas medra o interese pola paisaxe cultural da Ribeira Sacra, o que ten levado ao desenvolvemento de proxectos que recuperan o patrimonio cultural en desuso. As intervencións realizadas caracterízanse na súa gran maioría polo respecto á arquitectura tradicional, o uso dos materias autóctonos e o compromiso coa integración paisaxística.

Actuación:

Nun pequeno apartadoiro existente mirando ao río e á Míllara proponse instalar un panel panorámico, que fale do río e das súas beiras, do paso de barca de Sergude e da illa. Érbedo en galego nomea a árbore denominada en castelán «madroño», polo tanto un érbedo acompañará o panel.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Liña de actuación:

Sinalización/Comunicación

CÓD.: 16-6

Actuación:

v. Traslado de monumentos / ix. Patrimonio cultural sobranceiro e bosque de igrexas

Municipio:

Carballedo

Parroquia:

Chouzán

Lugar:

Pacios

Protección:

AEIP/ BIC

Descrición:

O itinerario pasa xunto á igrexa de Chouzán, igrexa románica cuxa orixe se remonta ao século XII. Máis alá do seu valor cultural e artístico, maximizado nas pinturas murais que alberga, o fito que marca a súa historia foi o traslado ao seu lugar actual en 1953, con motivo da construción da presa dos Peares.

A construción das presas deu lugar ao asolagamento de numerosas poboacións, o que supuxo un cambio na percepción do espazo, das comunicacións e da dinámica socioeconómica da época. Moitos dos monumentos histórico-artísticos afectados foron trasladados entre 1952-1960, supoñendo unha iniciativa sen precedentes a nivel mundial.

Actuación:

Nunha curva previa á chegada ao núcleo de Pacios, un sinal marcará un espazo público de nova creación ao redor do novo cemiterio en que propoñemos unha parada informativa cun panel que permita facer un pequeno percorrido pola igrexa románica trasladada e polo núcleo, asentado nun lombo entre o Miño e o rego de Rebouzos, e desfrutar das extensas vistas ao norte do Miño.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Liña de actuación:

Sinalización/Restauración/Comunicación

CÓD.: 16-7

Actuación:

ii. Policultivos

Municipio:

Carballedo

Parroquia:

A Cova

Lugar:

Igrexa nova da Cova

Protección:

AEIP/ BIC

Descrición:

Neste ámbito son visibles desde a estrada cultivos hortícolas, froiteiras e vides, que exemplifican o policultivo característico das terrazas deste territorio.

A Ribeira Sacra é unha paisaxe cultural viva, resultado da interacción entre home e natureza, da que dan testemuño as monumentais terrazas construídas nos canóns dos ríos Sil e Miño para a práctica dunha agricultura de subsistencia baseada no policultivo e que se mantén ata os nosos días.

Actuación:

A carón da nova igrexa e cemiterio parroquial existe un espazo de parada apto para a instalación dun panel informativo e dunha árbore que permitan ao visitante comprender o sitio e a súa relación co río, visitar a igrexa da Cova e contemplar o templo de Atán na outra ribeira do Miño. Neste ámbito ábrese a opción de completar unha ruta circular avaliando a instalación unha ponte de madeira sobre o rego da Cova.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Liña de actuación:

Sinalización/Comunicación

CÓD.: 16-8

Actuación:

vi. Tecnoloxía hidráulica e reciclaxe

Municipio:

Carballedo/Pantón

Parroquia:

Os Peares

Lugar:

Presa de Peares

Protección:

AEIP/ BIC

Descrición:

Pouco antes de chegar á súa fin, o itinerario pasa pola presa dos Peares, no río Miño, cuxa construción rematou en 1955. Desde a estrada, ademais do corpo da presa, é tamén visible o poboado con vivendas localizado na ladeira e rehabilitado hai uns anos.

Este ámbito considérase adecuado para presentar a historia da construción das presas, como fito histórico da enxeñaría en España e o seu impacto na vida da época, coa construción de poboados e vías de comunicación. A explotación dun río caudaloso como o Sil nun territorio pouco accesible, marcado polos canóns, supuxo a finais da década de 1940 un importante esforzo de enxeñaría, que se mantén ata os nosos días, cunha forte preocupación pola sustentabilidade e pola integración paisaxística.

Actuación:

Nun espazo hiperintervido, e con aglomeración de sinais, proponse unha limpeza destas, comezando pola eliminación daquelas innecesarias ou non autorizadas. A actuación prevé a dotación dun panel informativo sobre o conxunto edificado da presa, o poboado e a capela, incluída na lista do Docomomo. Sinais de dirección da ruta completarían a intervención.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Liña de actuación:

Sinalización/Restauración/Comunicación

CÓD.: 16-9

Actuación:

vii. Complexidade territorial de concellos, parroquias e lugares.

Municipio:

Carballedo/Pantón/Nogueira de Ramuín/A Peroxa

Parroquia:

Os Peares

Lugar:

A definir

Protección:

AEIP/ BIC

Descrición:

No núcleo dos Peares conflúen os dous principais ríos de Galicia, o Miño e o Sil. Administrativamente esta localidade divídese en dúas provincias (Lugo e Ourense) e catro concellos (A Peroxa e Nogueira de Ramuín, en Ourense e Carballedo e Pantón, en Lugo), polo que é un ámbito excepcional para presentar a complexidade territorial da Ribeira Sacra.

A paisaxe cultural protexida abrangue unha ampla extensión, con territorio pertencente a dúas provincias, catro municipios e catro parroquias. No seu conxunto, un mosaico de case cen mil minúsculas parcelas que non acadan de media os 400 m².

Actuación:

No punto final do percorrido, propomos dar conta, a través dun panel informativo, das singularidades do núcleo dos Peares e das posibles visitas atravesando as súas moi diversas pontes. A conexión ferroviaria e de transporte público, así como a posibilidade de iniciar o outro itinerario panorámico da Ribeira Sacra, o número 17. Unha árbore acompañará o panel.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Panorámica desde Nogueira de Miño, San Fiz de Asma desde San Pedro, Cabo do Mundo desde Adegas Abadía da Cova, miradoiro de Matacás (Castro Caldelas) e Os Castros desde Santo Estevo

missing image file
missing image file

No itinerario 17 prevese actuar nun total 7 puntos de actuación, de acordo coa táboa seguinte:

Concello

Parroquia-lugar

Temática

17-1

Sober

Doade-Souto Chao

i. Viticultura

17-2

A Teixeira

-Cortezada

ii. Cultivos e policultivos / xii. As persoas

17-3

A Teixeira

Cristosende-Penalba

viii. Artesanía

17-4

Parada de Sil

Sacardebois-San Adrián

iii. A presenza dos ríos Sil e Miño / xi. Espiritualidade e Camiño de Inverno

17-5

Parada de Sil

Chandrexa-Entrambosríos

x. Patrimonio natural sobranceiro e templo de árbores

17-6

Parada de Sil

Caxide-

iv. Rehabilitación

17-7

Nogueira de Ramuín

Santo Estevo de Ribas de Sil

ix. Patrimonio cultural sobranceiro e bosque de Igrexas

missing image file

Bosquexo de Santo Estevo de Ribas de Sil. Fonte: Mario Crecente

missing image file

Sección topográfica do itinerario 17, no Miradoiro de Matacás

missing image file

Liña de actuación:

Sinalización/Restauración/Comunicación

CÓD.: 17-1

Actuación:

i. Viticultura

Municipio:

Sober

Parroquia:

Doade

Lugar:

Souto Chao

Protección:

AEIP/ BIC

Descrición:

Desde este punto obtéñense unas fantásticas vistas do río Sil e dos seus canóns, caracterizados polo cultivo da vide en socalcos, que ten en Doade a orixe de moitos dos viños máis representativos da Ribeira Sacra. Neste miradoiro localízase un monumento á viticultura heroica, obra de Manuel Rial, fabricado en granito e cuxas grandes dimensións o fan visible desde moitos puntos do canón do Sil.

Este ámbito permite presentar a importancia do sector vitícola na Ribeira Sacra e da tradición do cultivo da vide en bancais nunha paisaxe de enorme dificultade, dando lugar a unha viticultura que se clasifica como heroica, pero tamén a unha paisaxe de excepcionais valores estéticos.

Actuación:

O acondicionamento ou nova disposición dos paneis existentes e que actualmente impiden a vista sería a actuación inicial. No espazo localizado arredor do cumio e do miradoiro, proponse dispor un panel informativo de entrada á ruta e outro panorámico no propio miradoiro. A plantación dunha árbore completaría a intervención.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Liña de actuación:

Sinalización/Comunicación

CÓD.: 17-2

Actuación:

ii. Cultivos e policultivos / xii. As persoas

Municipio:

A Teixeira

Parroquia:

Lugar:

Cortezada

Protección:

AEIP/ BIC

Descrición:

Neste ámbito danse as condicións oportunas para contemplar a viña da Cortezada, unha das máis características da Ribeira Sacra. A súa imaxe cruzou fronteiras ao ser fotografada por Ruth Matilda Anderson na década de 1920. A boa perspectiva que se ten desta viña permite presentar a construción do territorio na Ribeira Sacra.

Na configuración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra ten un importante peso a creación de solo fértil nun territorio de acentuadas pendentes a partir da construción de monumentais bancais para o policultivo, constituíndo un exemplo de reestruturación antrópica froito da acumulación de traballo, tempo e coñecemento das comunidades.

Actuación:

Un breve panel informativo en cada un dos apartadoiros existentes antes e despois da viña en cuestión permitirá informar das características desta viña tan especial que levou a autora norteamericana a inmortalizala alá polos anos 20 do pasado século.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Liña de actuación:

Sinalización/Restauración/Comunicación

CÓD.: 17-3

Actuación:

viii. Artesanía

Municipio:

A Teixeira

Parroquia:

Cristosende

Lugar:

Penalba

Protección:

BIC

Descrición:

O núcleo de Cristosende atópase nun enclave excepcional sobre o canón do Sil e rodeado de viñas, que rematan na cara oeste nun promontorio denominado Penalba con vistas sobre o leito do Sil e cun panorama de profundidade.

No centro do núcleo, con espazo para a parada arredor dunha fonte, banco e paraxe de bus, existen servizos de aloxamento turístico e restauración; é un pequeno núcleo que garda no seu interior a sorpresa dun obradoiro téxtil e de cestaría singulares, e que fan a Ribeira Sacra coñecida no exterior.

Actuación:

A partir do espazo de parada antes descrito, e doutra alternativa que se dá na última curva á saída do núcleo fronte a un muro de viña con escada, proponse instalar un panel informativo e plantar unha árbore singular, que indiquen unha pequena ruta que nos levará ao miradoiro natural de Penalba, unha das mellores fotos do Sil, onde se instalará un panel panorámico.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Liña de actuación:

Sinalización/Restauración/Comunicación

CÓD.: 17-4

Actuación:

iii. A presenza dos ríos Sil e Miño / xi. Espiritualidade e Camiño de Inverno

Municipio:

Parada de Sil

Parroquia:

Sacardebois

Lugar:

San Adrián

Protección:

AEIP/BIC

Descrición:

Desde este punto obtense unha privilexiada panorámica de Amandi, ladeira de pronunciadas pendentes, localizada na outra beira do río Miño, no concello de Sober, o que converte este punto nun enclave estratéxico para comprender o papel que desempeñan os ríos na configuración da paisaxe.

Ademais, nas proximidades deste punto localízase a necrópole de Barxacova, unha das máis importantes do noroeste peninsular polas súas dimensións, e que reflicte a grande importancia do período de expansión do eremitismo na Alta Idade Media.

Actuación:

Logo dunha pequena subida chegamos a un espazo de cruzamento que indica San Lourenzo de Barxacoba, ao redor da adega Valcar e de dúas pequenas naves, nas cales aparcar. Neste ámbito proponse renovar o panel informativo existente e plantar unha árbore que indique un curto percorrido que amosará as vistas de Cristosende cara ao leste e ao norte as ladeiras de Amandi, sen esquecer a visita á necrópole altomedieval de Barxacova.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Liña de actuación:

Sinalización/Comunicación

CÓD.: 17-5

Actuación:

x. Patrimonio natural sobranceiro e templo de árbores

Municipio:

Parada de Sil

Parroquia:

Chandrexa

Lugar:

Entrambosríos

Protección:

AEIP/BIC

Descrición:

Entrambosríos é un ámbito de especial riqueza natural, caracterizado pola sucesión de castiñeiros e carballos. Entre todos eles salienta o coñecido como «castiñeiro milenario», inscrito no «Catálogo de árbores senlleiras de Galicia».

Considérase este lugar como un ámbito singular para presentar a especial orografía do territorio, que unida ao illamento e separación dos principais núcleos de poboación, deu lugar á configuración dun importante reservorio vexetal na Ribeira Sacra.

Actuación:

Aproveitando un pequeno espazo de parada, proponse dispor un cartel informativo que nos leve a contemplar o conxunto do souto, corripas, sequeiro e muíño de Entrambosríos, presidido polo seu castiñeiro monumental. Existe unha senda peonil que ofrece diversas opcións de parada e estacionamento.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Liña de actuación:

Sinalización/Restauración/Comunicación

CÓD.: 17-6

Actuación:

iv. Rehabilitación

Municipio:

Parada de Sil

Parroquia:

Caxide

Lugar:

Cabezoás

Protección:

BIC

Descrición:

Ao longo do anos constituíuse na Ribeira Sacra unha ampla rede de miradoiros, un elemento clave para a comprensión da paisaxe cultural e unha das principais atraccións turísticas do territorio.

O miradoiro de Cabezoás, desde o que se pode contemplar un meandro do río Sil, é un exemplo da integración paisaxística deste tipo de infraestruturas. Na contorna existe tamén o miradoiro da Columna e en proxecto, o miradoiro de Vilouxe.

Actuación:

Estamos ante algúns dos miradoiros máis espectaculares da Ribeira Sacra, especialmente no que se refire a diferenzas topográficas, siluetas e á percepción das embarcacións no leito do río, e o diálogo co miradoiro de Cividade na ribeira norte, coa diferenza da accesibilidade de que gozan estes tres. En función dos proxectos que se estudan nestes intres, definirase unha actuación de información e conexión entre eles.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Liña de actuación:

Sinalización/Restauración/Comunicación

CÓD.: 17-7

Actuación:

ix.Patrimonio cultural sobranceiro e bosque de igrexas

Municipio:

Nogueira de Ramuín

Parroquia:

Santo Estevo de Ribas de Sil

Lugar:

Penedos do Castro

Protección:

BIC

Descrición:

Desde este punto obtense unha extraordinaria panorámica do mosteiro de Santo Estevo, construído entre os séculos XII e XVIII e que constituíu un dos máis importantes dos beneditinos en Galicia. Hoxe, reconvertido en parador de turismo, é un excelente exemplo da sacralización do territorio.

A sacralización do territorio é un dos valores que define a paisaxe da Ribeira Sacra, salientando a alta concentración de mosteiros desde a Alta Idade Media, dando lugar a un bosque de igrexas, composto por 85 templos documentados, en diferente estado de conservación.

Actuación:

Proponse alongar o itinerario ata o miradoiro dos Castro, pola súa privilexiada vista do mosteiro, a súa localización e a súa relación co Sil, o Cabe e o ferrocarril, así como pola pegada de Leovixildo Dux nos propios penedos do Castro. Aquí conflúen sendas que conectan co núcleo de Santo Estevo, con Paradela e coas ermidas outrora dependentes do mosteiro, como S. Xoán de Cachón.

É o punto final ideal do percorrido, polo que precisa de arboredo singular, unha mellora do camiño de acceso, a renovación dos paneis informativos e a dotación dun panel panorámico, identificando tanto este lugar como algún dos que se divisa desde aquí.

Localización:

missing image file

Imaxes:

Orzamento e programación

Tal e como se apuntou na epígrafe «Estratexia», o primeiro fito para o desenvolvemento e execución do plan será a sinatura dun convenio entre órganos intervenientes:

• Deputación de Lugo: Servizo de Vías e Obras, da Área de Xestión Territorial.

• Deputación de Ourense: Servizo de Vías e Obras da Área de Infraestruturas.

• Xunta de Galicia: Axencia Galega de Infraestruturas.

Ademais, asinarase un convenio co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, como organismo encargado da execución posterior das actuacións.

No convenio establecerase que as accións se desenvolverán con base no anexo, unha vez aprobado. O dito anexo é este plan de acción, para cuxa aprobación será clave a participación, que comeza desde o primeiro momento, coa consulta previa a todos os organismos implicados. Unha vez redactado o documento inicial, sométese a información pública e a informe dos concellos e consellerías afectados, de acordo ao establecido no Decreto 96/2020.

Ademais, solicitarase informe ao Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, por ser o órgano ao cal se prevé encargar o desenvolvemento das medidas previstas. De ser o caso, nesta fase daríase tamén traslado a calquera outro organismo público ou privado sobre o cal recaese a responsabilidade do desenvolvemento do plan.

O Instituto de Estudos do Territorio valorará as alegacións e informes, daralles resposta escrita e razoada e introducirá, de ser o caso, as modificacións correspondentes no plan. Posteriormente, levarase a cabo o proxecto de execución e solicitaranse as licenzas pertinentes. O proxecto someterase aos trámites ambientais precisos, así como ás autorizacións sectoriais en materia de paisaxe, cultura, natureza, infraestruturas ou calquera outra que sexa obrigada.

De acordo co disposto no convenio, o Consorcio de Turismo será o órgano responsable de desenvolver as actuacións e solicitar as licenzas oportunas. Cómpre lembrar que algunhas das actuacións, pola súa natureza e envergadura, serán executadas a través do Pacto pola paisaxe.

Con base no anterior, proponse a seguinte estimación de orzamentos, que se desenvolverá e detallará no proxecto de execución. No caso da comunicación, esta continuará unha vez rematadas as actuacións, así como os programas de mantemento para a conservación das actuacións.

Anualidade/s

Orzamento estimado

Memoria-Plan

2020

17.000 €

Proxecto e dirección de obra

2021-2022

17.890 €

Obras e comunicación

2022

115.110 €

Deseño, elaboración e instalación de sinais

78.910 €

Actuacións de revexetación

11.200 €

Deseño gráfico de acordo co Plan de xestión

15.000 €

Deseño das guías dos itinerarios 16 e 17

10.000 €

missing image file

Diversas iniciativas locais

Referencias

No desenvolvemento do Plan de Acción recoñeceranse e teranse en conta referencias a dous niveis. Dunha banda, referencias locais, relativas a proxectos e iniciativas previas ou programadas na Ribeira Sacra; e doutra, referencias galegas, nacionais e internacionais que son un exemplo na intervención en itinerarios panorámicos como os que nos ocupan.

No caso das referencias locais, cómpre citar os seguintes proxectos:

– Proxectos previos de sinalización da Ribeira Sacra.

– Proxectos de dotación de miradoiros.

– Rede de sendeiros.

– Actuacións promovidas pola Xunta de Galicia coas cales cómpre garantir a coordinación:

• Plan de ordenación do medio físico San Fiz de Asma.

• Área de rehabilitación integrada en todo o ámbito da Ribeira Sacra.

• Pacto pola paisaxe.

• Plan HURBE Ribeira Sacra.

• Impacto de cambio climático na Ribeira Sacra.

• Iniciativa Árbores con historia.

– Coordinación con proxectos locais promovidos desde o Consorcio de Turismo:

• Un toque de cor.

• Esgrafiados.

– Accións de formación, divulgación, sensibilización:

• Obradoiro de construción e reparación de muros de pedra seca (marzo de 2020, posposto).

• Workshop Internacional de Paisaxe «Tras as pegadas do Camiño de Inverno nas paisaxes da Ribeira Sacra»: primeira edición (setembro de 2019)/segunda edición (outubro de 2020).

• Publicación «A future for the land: cultural landscapes, rural management and geographical information systems» (novembro de 2019).

• Xornada de divulgación: A importancia do Románico no Camiño de Inverno (novembro de 2019).

• Curso Baños de bosque (outubro de 2019).

• Sección «Territorios Patrimonio» do Festival 17° Ribeira Sacra (xullo de 2019).

• Plan Proxecta «Patrimonio etnográfico na Ribeira Sacra», da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

• Xornadas «Ribeira Sacra: conservación do solo e construción da paisaxe» (xullo de 2015).

• Encontro da UIMP «O desenvolvemento sostible e o territorio» (Monforte 2006).

• Convenios co Bispado de Lugo para a apertura das igrexas.

• Xornadas do Románico de Pantón.

• Xornadas formativa organizadas por Máis que Románico.

• Curso da USC «A Ribeira Sacra: paisaxe, patrimonio e terra de viño».

Diversas referencias internacionais e galegas: Scenic byways (USA); National Scenic Routes (Noruega); sinalización QR Camiño Inglés; sinalización Camiño Francés en Santiago de Compostela;
Galicia Enteira; Guía da Raia

missing image file

No caso das experiencias externas, recollemos experiencias nacionais e internacionais, das cales as principais referencias son as seguintes:

• EE.UU.: Scenic Byways (www.scenicbyways.info), xestionadas pola Federal Highway Administration. O seu recoñecemento baséase nos seus valores históricos, naturais, culturais e escénicos.O programa, establecido pola Federal Highway Administration en 1991, divide as estradas en varios tipos (All-American Road/National S.B./Parkway/National Forest S.B./BLM Back Country Byway. Xestión) e conta cun plan de xestión estruturado arredor de 14 puntos.

• Noruega: National Scenic Routes (https://www.nasjonaleturistveger.no/en/routes).

Trátase dun conxunto de 18 percorridos caracterizados polo valor estético da súa paisaxe, reforzado por unha arquitectura innovadora con intervencións artísticas que invitan á reflexión en determinados puntos. O proxecto está coordinado pola Administración de Estradas Públicas de Noruega.

• Italia. Strada del prosecco. https://www.coneglianovaldobbiadene.it/turismo/da-conegliano-a-valdobbiadene-le-due-capitali-del-prosecco-superiore-docg/4

Ruta orixinalmente vencellada a unha denominación de orixe vitivinícola, nada en 1966 e hoxe incluída dentro dunha paisaxe cultural recentemente declarada Sitio do patrimonio mundial, no 43º Comité do Patrimonio Mundial no ano 2019.

• Andalucía: «Las carreteras paisajísticas de Andalucía. Recurso para el disfrute y aprecio social del paisaje» (http://www.juntadeandalucia.es/fomentoyvivienda/portal-web/web/servicios/publica/publicaciones/240690).

A publicación enmárcase dentro da convocatoria de proxectos I+D+i 2011-2012 realizada pola Consellería de Fomento e Vivenda da Xunta de Andalucía, cofinanciada nun 80 % con fondos Feder. O antecedente desta obra é o estudo «Carreteras paisajísticas: estudio para su catalogación en Andalucía», publicado en 2009 e que este novo estudo desenvolve no relativo á contextualización da rede de estradas, a súa clasificación e xestión.

• Cataluña: «Carreteres, paisatge i turisme» (http://www.catpaisatge.net/fitxers/docs/politiques/CarreteresPaisatgeiTurisme.pdf).

Esta publicación é obra da Direcció General de Turisme del Departament d’Empresa i Coneixement de la Generalitat de Catalunya e o Observatori del Paisatge. O estudo propón unha nova relación entre estradas, paisaxe e turismo, a través de novos modelos de turismo e mobilidade responsables que permiten novas formas de planificación, gobernanza e comunicación.

Finalmente, cómpre ter presentes algunhas experiencias desenvolvidas en Galicia que, desde diversos ámbitos de actuación, poden servir como referencia para o desenvolvemento do Plan de acción da paisaxe da Ribeira Sacra:

• A sinalización do Camiño Inglés, incorporando tecnoloxías QR e NFC.

• A sinalización do Camiño Francés ao seu paso por Santiago de Compostela.

• Guías de itinerarios para automóbil, como Galicia enteira ou a Guía da Raia.

Finalmente, pero non menos importante, o Decreto 85/2012, do 16 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 138/2008, do 22 de maio, polo que se regula a sinalización turística de Galicia e se aproba o Manual de sinalización turística de Galicia.

Detalle da Ribeira Sacra sobre a Carta xeométrica de Galicia de D. Fontán (1834)

missing image file

Planimetría

Situación da área de estudo en Galicia.

BIC Ribeira Sacra dentro da área de estudo.

AEIP Ribeira Sacra dentro da área de estudo.

AEIP dentro da área de estudo.

Itinerarios paisaxísticos dentro da área de estudo.

Itinerarios paisaxísticos 16 e 17 dentro da área de estudo.

Itinerarios paisaxísticos 16 e 17. Titularidade das vías.

Itinerarios paisaxísticos 16 e 17. Patrimonio cultural.

Itinerarios paisaxísticos 16 e 17. Patrimonio natural.

Itinerarios paisaxísticos 16 e 17. Ferrocarril.

Detalle do itinerario paisaxístico 16.

Sección topográfica no itinerario paisaxístico 16.

Detalle do itinerario paisaxístico 17.

Sección topográfica no itinerario paisaxístico 17.

Gráfico dos itinerarios paisaxísticos 16 e 17. Distancias, titularidade e cruzamentos.

Gráfico dos cruzamentos dos itinerarios paisaxísticos 16 e 17.

Gráfico das oportunidades e impactos nos itinerarios paisaxísticos 16 e 17.

Situación da área de estudo en Galicia

missing image file

BIC Ribeira Sacra dentro da área de estudo

missing image file

AEIP Ribeira Sacra dentro da área de estudo

missing image file

AEIP dentro da área de estudo

missing image file

Itinerarios paisaxísticos dentro da área de estudo

missing image file

Itinerarios paisaxísticos 16 e 17 dentro da área de estudo

missing image file

Itinerarios paisaxísticos 16 e 17. Titularidade das vías

missing image file

Itinerarios paisaxísticos 16 e 17. Patrimonio cultural

missing image file

Itinerarios paisaxísticos 16 e 17. Patrimonio natural

missing image file

Itinerarios paisaxísticos 16 e 17. Ferrocarril

missing image file

Detalle do itinerario paisaxístico 16

missing image file

Sección topográfica no itinerario paisaxístico 16

(Miradoiro de Guítara)

missing image file

Detalle do itinerario paisaxístico 17

missing image file

Sección topográfica no itinerario paisaxístico 17

(Miradoiro de Matacás)

missing image file

Gráfico dos itinerarios paisaxísticos 16 e 17. Distancias, titularidade e cruzamentos

missing image file

Gráfico dos cruzamentos dos itinerarios paisaxísticos 16 e 17

missing image file

Gráfico das oportunidades e impactos nos itinerarios paisaxísticos 16 e 17

missing image file

ANEXOS

ANEXO 1

Previsións de investimentos nos concellos do CTRS

No marco do presente traballo, solicitouse á xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra a súa colaboración para a identificación de previsións de investimentos en materia de paisaxe, accesibilidade e vías nos concellos que integran a dita entidade. A xerente formulou as consultas oportunas e trasladounos a seguinte listaxe de actuacións previstas.

Carballedo

No que a paisaxe se refire, non teñen nada previsto a curto prazo e tampouco intervencións na estrada do Miño ata Os Peares. Si adecuacións doutras estradas, pavimentacións e soterramentos de iluminacións, pero non en zonas de especial interese a nivel «turístico».

Castro Cadelas

1. Proxecto de accesibilidade ao castelo. Localización Castelo de Castro Caldelas.

2. Un castelo no camiño. Proxecto de dinamización do castelo e do seu contorno.

3. Ruta de sendeirismo polas fervenzas do Edo. Marxes do río Edo.

Monforte de Lemos

Está previsto realizar en todas as parroquias do Concello, e especificamente nas tres parroquias que lindan co río Sil (Marcelle, Vilamarín e Rozavales), actuacións de mellora nas vías municipais de comunicación e tamén na sinalización e accesibilidade destas.

Pantón

Mellora de camiños municipais no concello de Pantón:

• Torre do Mato.

• San Cosmede.

• Arribada-Martiñal-Serode.

• Recerendes.

• Pantón de Abaixo.

• Barrio.

• Toldaos, Pereiro, Següín, Galegos, Pereiroás.

• Atán Marce Cascaxide.

• Segade A Torre.

• Pantón-Sernande-A Casanova-Cabo de Vila.

• Mellora da rúa General Fernández Núñez en Ferreira de Pantón.

• Residencia da terceira idade en Ferreira de Pantón.

• Beiravía peonil na estrada autonómica ao paso por Toiriz.

• Concello de Pantón (Lugo).

• Mellora de camiños municipais na Míllara.

Saneamento/abastecemento de diversos núcleos para conexión á rede municipal:

• Proxecto técnico de saneamento na Hedra (Toiriz) con conexión á rede municipal.

• Saneamento en Souto, parroquia de Toiriz, para conexión á rede municipal.

• Abastecemento de auga potable ás parroquias de San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e San Estevo do Mato.

• Obras de mellora de abastecemento de auga potable mediante actuacións en diversos depósitos en Toiriz.

Outras actuacións:

• Acondicionamento de paseo peonil Mosteiro das Bernardas.

• Sinalización intelixente dos recursos turísticos do concello de Pantón.

• Acondicionamento e mellora de accesibilidade do edificio sociocultural, multiúsos e da casa do concello.

• Construción de parque infantil na Feira, Ferreira de Pantón.

• Outras intervencións en Pena Pombeira e Augacaída.

Parada de Sil

• Soterramento de tendido eléctrico desde Barxacova á Fábrica da Luz.

• Mellora do firme da estrada de Rabacallos.

• Creación de área para autocaravanas en Parada de Sil.

• Mellora de camiño da Casa do Vento a Retorta.

Quiroga

Centros de interpretación:

• Ampliación do Museo Xeolóxico Municipal de Quiroga.

• Ampliación do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga.

• Incorporación de audioguías no Museo Xeolóxico.

• Incorporación de audioguías no Museo Etnográfico.

Rede de miradoiros:

• Mellora da accesibilidade no miradoiro Xeolóxico de Campodola.

• Mellora da accesibilidade no miradoiro de Bustelo de Fisteus.

• Mantemento e melloras na interpretación dos 7 miradoiros do concello de Quiroga.

Ruta interpretativa da mina de antimonio de Vilarbacú:

• Creación de ruta sinalizada.

• Interpretación do complexo mineiro de antimonio de Vilarbacú.

Limpeza do Castro de Penadominga (Bendollo-Vilar de Mondelo-Bendilló):

• Limpeza dos accesos ao xacemento castrexo desde Bendollo e Vilar de Mondelo.

• Roza da cuberta vexetal do xacemento castrexo de Penadominga.

• Interpretación do xacemento.

Itinerarios de barranquismo/descenso de canóns: canón do río Ferreiriño, barranco do Regueiro Seco, barranco do Fiais, barranco do Vilarmel, canón do río Selmo da Seara a Ferramulín e barranco do rego de Castromao.

• Sinalización dos accesos.

• Colocación de panel de inicio con: recomendacións, dificultade, horarios, etc.

Camiño de Santiago, Ruta de Inverno:

• Mantemento e reforzo da sinalización dos 37 km do Camiño de Santiago no concello de Quiroga.

Folletos turísticos:

• Reedición de folletos turísticos para a súa actualización e adecuación ás novas tecnoloxías.

– Museos de Quiroga: Xeolóxico e Etnográfico.

– Rutas de sendeirismo.

– Folleto turístico.

Rutas de sendeirismo homologadas no concello de Quiroga:

• Mantemento das 8 rutas de sendeirismo homologadas PR-G, no concello de Quiroga.

• Reforzo da sinalización (2020) das 8 rutas de sendeirismo homologadas PR-G, no concello de Quiroga.

Sinalización do territorio Xeoparque Mundial Unesco Montañas do Courel (en conxunto con Ribas de Sil e Folgoso do Courel).

Creación de aplicación para dispositivos móbiles para navegar polo Xeoparque Mundial Unesco Montañas do Courel (en conxunto con Ribas de Sil e Folgoso do Courel).

Mediante un convenio, Plan Hurbe, asinado coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, prevese a realización no ano 2020 das seguintes actuacións:

• Actuación 1. Praza Lago. Creación dunha praza pública no centro de Quiroga (esquina entre a rúa Real e a rúa Lago).

• Actuación 2. Xardín. Axardinar un estanque en desuso situado nunha parcela dotacional (casa da cultura, centro social e residencia da terceira idade).

• Actuación 3. Praza de San Martiño. Crear unha zona pública nun soar libre (esquina da rúa Real coa rúa San Martiño).

• Actuación 4. Praza de España. Obra de mellora na área existente, praza de España de Quiroga.

• Actuación 5. Parque da Igrexa. Remodelar a zona de xogos existente, parque da Igrexa de Quiroga.

En diferentes rúas e espazos no núcleo de Quiroga, prevese a realización de diversas actuacións incluídas nos plans únicos de 2019 e 2020, como son:

• Mellora no contorno do Albergue e CEIP de Quiroga (revestimento de muro fronte ao colexio).

• Pavimentación de beirarrúa na rúa Piscinas.

• *Mellora do contorno da praza Maior.

• Reparación de pavimentos de diversas rúas (Ánxel Fole, Rosalía de Castro, rúa Real, rúa Pereiro).

Outras actuacións:

• Ampliouse o Museo Xeolóxico en dúas fases e prevese a realización dun soportal e dunha pérgola frontal de madeira no ano 2021. Sitúase na rúa Caurel, s/n.

• Ampliación do Museo Etnográfico, situada na rúa Real, nº 114.

• Solicitouse unha axuda á Xunta, Turismo, para a creación dunha zona de lecer e esparexemento con aparcadoiro de autocaravanas na zona do CEIP e do Albergue de Quiroga.

• Colocaranse papeleiras en diversas rúas de Quiroga (Ramón y Cajal, Praia, Piscinas, Camilo José Cela, Río Sil, José Amable, Galicia, Calvo Sotelo, Caurel, Rego da Silva, Tallos).

• Parte do núcleo de Quiroga está incluída nunha área de rehabilitación integral en que se convocan axudas para a mellora e a rehabilitación de vivendas, mesmo o mantemento e conservación de fachadas. Ademais, o Concello convocará axudas para mellora de fachadas de edificacións destinadas a outros usos (garaxes, alpendres, comercios, muros...).

Taboada

Coa declaración do estado de alarma o 14 de marzo, paralizouse a tramitación do Plan Único aos concellos da Deputación de Lugo, que é unha subvención grande que permite todos os anos acometer importantes investimentos. En relación con ela, descoñécese neste momento cales serán os investimentos que se van realizar, pero os anos anteriores incluían pavimentación e rexeneración de pistas municipais por importes superiores aos 200.000,00 euros, así como renovacións de iluminacións públicas e/ou instalacións de aforro enerxético por importes aproximados de 30.000,00 euros. Polo tanto, pódense prever investimentos similares de Taboada no período 2020-2023 con cargo a esa subvención.

Plan Marco (Agader): otra subvención que ano tras ano inclúe rexeneración de pistas municipais e que pode incluírse. O proxecto solicitado este ano é «Mantemento e mellora dos accesos a Vilela-Sobrecedo e Esperante», cun importe de 59.668,02 euros.

Plan Urbe: no ano 2020, estase a executar con cargo a este plan a obra «Mellora da seguridade viaria na avenida de Lugo», cofinanciada por Xunta de Galicia e o Concello de Taboada. Importe do convenio: 115.105,63 €.

Todos os anos se realiza algún investimento de soterramento de liñas eléctricas, pero dadas as circunstancias actuais non se poden achegar datos concretos, estímase unha ao ano.

Con cargo a fondos propios tamén se executan anualmente pavimentacións de pistas.

ANEXO 2

Artigo «Elevación de rasante na ponte de Paradela» (1954)

missing image file

Ponte de Paradela. Fonte: imaxes cedidas por Manuel Durán, enxeñeiro de camiños

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO 3

Resumo executivo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Fase

Anualidade/s

Orzamento estimado

Memoria-Plan

2020

17.000 €

Proxecto e dirección de obra

2021-2022

17.890 €

Obras e Comunicación

2022

115.110 €

Deseño, elaboración e instalación de sinais

70.800 €

Actuacións de revexetación

11.200 €

Deseño gráfico de acordo co Plan de xestión

15.000 €

Deseño das guías dos itinerarios 16 e 17

10.000 €

missing image file
missing image file