Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2021 pola que se corrixen erros da Resolución do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección C) denominada Mondoñedo número 5767.1, situada no termo municipal de Abadín, na provincia de Lugo.

Advertido erro na Resolución do 26 de xaneiro de 2021 que se cita, publicada no DOG núm. 23, do xoves 4 de febreiro de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 7319, onde di:

«Resolución do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección C) denominada Mondoñedo número 5767.1, situada no termo municipal de Abadín, na provincia de Lugo».

Debe dicir:

«Resolución do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección C) denominada Mondoñedo número 5767.1, situada no termo municipal de Abadín, na provincia de Lugo».

O que se fai público, facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración estarán ao dispor do público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, e no portal web da dita consellería (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras).

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á xefatura territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 25 de agosto de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo