Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 13 de agosto de 2021, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de promoción pública en segundas adxudicacións no concello da Coruña.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de promoción pública en segundas adxudicacións no concello da Coruña iniciado pola Resolución do 10 de marzo de 2021.

O acto adouptouno a xefa de Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, á sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 13 de agosto de 2021

A xefa da Área Provincial da Coruña
P.S. (Resolución do 2.8.2019, da xefa territorial da CMATV)
Margarita Losada Cruz
Xefa da Sección do Rexistro de Demandantes de Vivenda
da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

86564

75707190E

Trámite de audiencia