Expediente-e: IN407A 2021/15-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: regulamentación da LMT SAD713 apoio 1, no lugar de Osedo.
Concello: Sada.
Feitos:
1. O 21 de xaneiro de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, da dita instalación de distribución eléctrica, a fin da substitución dun apoio por atoparse en mal estado.
Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:
– Proxecto de execución nomeado: regulamentación LMT SAD713 apoio 1.
1. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:
– Acordo de información pública: 8 de marzo de 2021.
– DOG: 30 de marzo de 2021.
– BOP: 12 de marzo de 2021.
– Xornal La Voz de Galicia: 18 de marzo de 2021.
– Taboleiro de anuncios do concello: segundo a dilixencia municipal do alcalde do Concello de Sada do 12 de xullo de 2021.
3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública, non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Axencia Estatal de Seguridade Aérea-Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana; o Concello de Sada e Telefónica. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados de AESA, o Concello de Sanda e Telefónica.
5. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a solicitude de autorización.
Consideracións legais e técnicas:
1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
• Treito liña eléctrica de media tensión aérea (actuación número 1), a 15 kV cunha lonxitude de 39 metros, coa orixe no apoio número 1 proxectado tipo C-16/4500 que substitúe o existente da LMT SAD713, condutor tipo LA-110 mm2 Al e remate no apoio número 2 existente tipo C-16/3000 da LMT SAD713. Treito liña eléctrica de media tensión aérea (actuación número 2), a 15 kV cunha lonxitude de 23 m, con orixe no apoio número 1 proxectado tipo C-16/4500 substituíndo o existente da LMT SAD713, condutor tipo LA-56 mm2 Al e remate no apoio número 52-21 existente tipo HV-12/1000 da LMT. SMC716.
• Liña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV cunha lonxitude de 22 m, con orixe en cela de liña existente no CT Osedo (15C492), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate no paso de aéreo a soterrado que se vai realizar no apoio número 1 proxectado, tipo C-16/4500 que substitúe o existente da LMT SAD713.
4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
Consonte todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescripcións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícase á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A Coruña, 6 de agosto de 2021
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña