Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 1 de setembro de 2021 Páx. 43606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-LU-0108/2020-PRE e cinco máis.

Tentada sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle ás persoas que a seguir se relacionan no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante a Consellería do Mar, ou ben poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOE. Os expedientes relacionados a seguir están á disposición dos interesados na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 881 99 71 77).

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-LU-0108/2020-PRE

51959426B

Resolución de suspensión condicional

Los Yébenes, 37, 4ºA, 28047 Madrid

PSC-CO-0770/2019-COP

54226908S

Resolución de remisión de suspensión condicional

Rúa de Galicia, 107, 15960 Ribeira, A Coruña

PSC-CO-0087/2020-PRE

332667794P

Resolución de remisión de suspensión condicional

Os Verxeles, 48,15886 Teo, A Coruña

PSC-CO-0208/2020-PRE

32775814D

Resolución de remisión de suspensión condicional

Rolda de Outeiro, 246, 6º esq.,15006 A Coruña

PSC-PO-0790/2019-PRE

35809111C

Resolución de remisión de suspensión condicional

Manuel Álvarez, 32, 36780 A Guarda, Pontevedra

PSC-PO-0875/2019-PRE

35810150R

Resolución de remisión de suspensión condicional

Manuel Álvarez, 20, 1º E, 36780 A Guarda, Pontevedra