Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 31 de agosto de 2021 Páx. 43442

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO do Plan especial de infraestruturas dotacións, acondicionamento da estrada ás Quintas-Cervo.

Aprobado inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións, acondicionamento da estrada ás Quintas-Cervo, pola Xunta de Goberno Local do 12 de xullo de 2021, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG) e se anunciará, ademais, nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o devandito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, na sede electrónica do Concello de Cervo.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión será de dous anos contados desde a aprobación inicial e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

As leiras afectadas pola suspensión son as seguintes:

Clase de solo

Área parcela

Ref. catastral

Superficie afectada SU

Superficie afectada SR

Solo rústico

683,00

8768001PJ2386N

0,00

518,81

Solo rústico

7.339,00

8768003PJ2386N

0,00

1.009,22

Solo rústico

956,00

8768004PJ2386N

0,00

333,41

Solo rústico

249,00

8768005PJ2386N

0,00

240,29

Solo rústico

1.567,00

8768006PJ2386N

0,00

196,10

Solo rústico

147,00

8768007PJ2386N

0,00

130,23

Solo rústico

2.543,00

8769004PJ2386N

0,00

32,95

Solo urbano

1.174,00

8863005PJ2386S

335,11

0,00

Solo urbano

825,00

8863006PJ2386S

6,38

92,98

Cervo, 26 de xullo de 2021

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde