Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 31 de agosto de 2021 Páx. 43407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 17 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación IN407A 2016/370-1, no concello de Irixoa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Manide-O Pirineo, no concello de Irixoa (expediente IN407A 2016/370-1), correspondentes ás leiras e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 17 de agosto de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/370-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Manide-O Pirineo.

Concello: Irixoa.

Predio

Titularidade proposta

Depósito

Importe

8

María Josefa Rodríguez Ares

928/2021

2.167,82 €