Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, dase publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela.
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 45231300-8 (traballos de construción de tubaxes para auga e augas residuais).
4. Código NUTS do lugar principal das obras: ES113 Lobios (Ourense).
5. Descrición do obxecto da licitación: obra de actuacións de mellora do abastecemento en Lobios. Lobios (Ourense). Clave do expediente: OH.232.820.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 287.956,97 euros. Importe total: 348.427,93 euros.
8. Valor estimado do contrato: 287.956,97 euros; coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 4 meses.
10. Criterios de adxudicación
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 14 %); programa de construción da obra (ponderación 12 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e mellora de índole técnica vinculada á execución da obra (ponderación 2 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 12 de marzo de 2021.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 18.
12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 19.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 22 de marzo de 2021.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Explotacións Medioambientais, S.L.
14.2. NIF: B32274581.
14.3. Enderezo: rúa Ladeira, 53, baixo. 32630 Xinzo de Limia (Ourense)
14.4. Código NUTS: ES113
14.5. Teléfono: 988 46 12 97
14.6. Fax: 988 46 15 55
14.7. Correo electrónico: explomedio@hotmail.com
14.8 Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 239.148,26 euros. Importe total: 289.369,39 euros.
16. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais», submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.
Por tratarse dunha obra cofinanciada con cargo a fondos europeos, e en cumprimento e de conformidade coa normativa de publicidade da Unión Europea, o contratista queda obrigado á fabricación e colocación, durante a execución da obra, dos paneis, carteis ou placa informativa da actuación contratada, así como á instalación, de ser o caso, da correspondente placa permanente informativa do dito cofinanciamento europeo ao final da actuación.
17. Servizo do cal se poida obter información sobre o contrato formalizado.
17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela.
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 2 de outubro de 2020.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 12 de marzo de 2021.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 24 de marzo de 2021.
Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 26 de marzo de 2021.
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2021
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia