Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 27 de agosto de 2021 Páx. 43074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se notifican as resolucións do expediente RRO/APLU/CMATV/2021/00001 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións dos recursos.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2021

María Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

RRO/APLU/CMATV/2021/00001

Andrés Martins Augusto

Resolución revisión oficio

RR/IGVS/CMATV/2019/00279

Daniel González Rodríguez

Resolución recurso potestativo de reposición

RR/IGVS/CMATV/2019/00280

Divina Pastora Lara Rodríguez

Resolución recurso potestativo de reposición