Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 27 de agosto de 2021 Páx. 43086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 2 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente 2020/1192-1 e oito máis).

Despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de citación, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou ás súas persoas representantes debidamente acreditadas.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as ditas persoas interesadas, ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo –ala sur– Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atenderen ao acto de citación, unha vez notificado por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizaren as actividades necesarias para continuar coa tramitación, se producirá caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e se acordará o arquivamento das actuacións, logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 2 de agosto de 2021

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 216/2020, do 3 de decembro)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2020/1192-1

47353377B

Citación para o recoñecemento

19.7.2021

2020/2073-1

32807359K

Citación para o recoñecemento

19.7.2021

2020/4414-1

32754090C

Citación para o recoñecemento

19.7.2021

2020/4487-1

76360207T

Citación para o recoñecemento

19.7.2021

2020/2723-1

53028070Y

Citación para o recoñecemento

19.7.2021

2020/0734-1

32754185T

Citación para o recoñecemento

19.7.2021

2020/3309-1

32830984W

Citación para o recoñecemento

19.7.2021

2020/3887-1

46908492S

Citación para o recoñecemento

19.7.2021

2020/1003-1

46909177X

Citación para o recoñecemento

19.7.2021