De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra.
A comparecencia deberase efectuar, con cita previa, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 1º andar, 36071 Pontevedra, das 9 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 3 de agosto de 2021
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36S001-86-2021.
Interesada: Fachadas Compostela, S.L.
CIF/NIF: B94129251.
Acto notificado: acordo de inicio de expediente sancionador.