Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 25 de agosto de 2021 Páx. 42793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 9 de agosto de 2021 polo que se notifica o acordo de traslado ao concello para a adopción de medidas de reposición da legalidade urbanística (expediente LUG/57/2020).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 10 de febreiro de 2021, trasladar as obras consistentes na execución dun cerramento, na cidade de Lugo, á Alcaldía do Concello de Lugo, para que no exercicio das súas competencias adopte todas as medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística, segundo o disposto no capítulo III do título VI da Lei do solo de Galicia (LSG).

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo aos herdeiros do interesado, con documento nacional de identidade 33787934Z, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística