Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 25 de agosto de 2021 Páx. 42765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se inicia o trámite de competencia para o outorgamento da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal das Neves.

Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a solicitude relacionada no cadro seguinte inicia o correspondente trámite de competencia.

Datos da solicitude

Empresa solicitante

Nedgia Galicia, S.A.

Data da solicitude

7 de xullo de 2021

Contido da solicitude

Autorización administrativa previa e aprobación do proxecto de execución

Tipo de instalación

Rede de distribución de gas natural

Denominación do proxecto

Proxecto de autorización administrativa previa e aprobación do proxecto de execución para a distribución e subministración de gas natural ao polígono industrial Plisan nos termos municipais das Neves e Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Núcleo de poboación da rede

Polígono da Plisan, As Neves (Pontevedra)

Ábrese un prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:

– Outras empresas distribuidoras de gas natural poidan presentar solicitudes en concorrencia con esta solicitude de Nedgia Galicia, S.A.

– A empresa Nedgia Galicia, S.A. podia completar, se o considera oportuno, a súa solicitude.

O trámite de competencia resolverase a favor da empresa cuxo proxecto obteña a maior puntuación, tras a súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 8 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2021

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais