Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 25 de agosto de 2021 Páx. 42768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de urbanización do polígono I do plan de sectorización do ámbito I establecido na modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a modificación do SRAU da contorna do polígono industrial Río do Pozo, no concello de Narón (A Coruña) (clave do expediente 2021/0055).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 28 de xullo de 2021 do proxecto de urbanización do polígono I do plan de sectorización do ámbito I establecido na modificación puntual do PXOM para a modificación do SRAU da contorna do polígono industrial Río do Pozo, no concello de Narón (A Coruña) promovido por Cementos Tudela Veguín, S.A.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático