Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 25 de agosto de 2021 Páx. 42591

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

EXTRACTO da Resolución do 17 de agosto de 2021 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Resolución do 29 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, e se establece a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento MT402A).

BDNS (Identif.): 555440.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index).

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe total do crédito para o financiamento das axudas previstas na Resolución do 29 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio, e se establece a súa convocatoria para o ano 2021, nunha contía de 200.000,00 euros (código de proxecto 2021 00002) na aplicación orzamentaria 08.80.541E.780.00.

Segundo. Prazo de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta do Instituto de Estudos do Territorio