Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 24 de agosto de 2021 Páx. 42518

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2021 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de catedrático de universidade.

De conformidade coa Resolución do 28 de xullo de 2021, que executa o acordo da Comisión de Reclamacións desta universidade na sesión do 16 de xullo de 2021, en relación ao concurso para a provisión da praza ao corpo de catedráticos da área de Xenética convocado mediante a Resolución do 23 de decembro de 2020 (BOE do 12 de xaneiro), e presentada pola persoa interesada a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria.

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e polo artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro de 2021) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar os nomeamentos da persoa que se relaciona no anexo.

O citado nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

2498/20

Carlos

García Suárez

***8236**

Catedrático/a de universidade

Xenética

Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física

Santiago de Compostela

A00642