Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 24 de agosto de 2021 Páx. 42523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Avión (expediente IN407A 2021/102-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, que segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, se é o caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMT ALB801 apoio 83-18-7-2.

Situación: concello de Avión.

Características técnicas:

– Substitución do apoio nº 83-18-7-2 de tipo HV-11/250; no seu lugar instalarase un novo apoio de celosía metálica de tipo C-12/1000, retensando os condutores existentes de tipo LA-30 sobre o apoio proxectado.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados pola instalación eléctrica de referencia figura no anexo desta resolución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º, 32071 Ourense, no prazo de trinta días contados a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta nesta xefatura territorial e no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Ourense, 30 de xullo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2021/102-3.

Termo municipal: Avión.

Denominación da instalación: regulamentación LMT ALB801 apoio 83-18-7-2.

Predio nº: 1

Lugar: Souteira.

Cultivo: matogueira.

Referencia catastral: 32005A053003100000FQ.

Titular: descoñecido.

Afección: 2 m² de ocupación para o apoio 83-18-7-2.