Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 23 de agosto de 2021 Páx. 42277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 3 de agosto de 2021 polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do concello do Barco de Valdeorras (expediente SCOVID/OBARCO/0027 e tres máis).

O Concello de O Barco de Valdeorras acordou a incoación dos expedientes sancionador número SCOVID/OBARCO/0027 e tres máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación do inicio do procedemento sancionador en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica atópase á disposición das persoas interesadas xunto co resto do expediente no prazo máximo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte a esta publicación no Boletín Oficial del Estado nas oficinas municipais do Concello do Barco de Valdeorras situadas na praza do Concello, s/n, O Barco de Valdeorras, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non comparecer no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao vencemento do prazo.

As persoas interesadas dispoñen do prazo indicado no parágrafo anterior para achegar ante a persoa instrutora do expediente cantas alegacións, documentos ou informacións estimen convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non efectuar alegacións no referido prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución.

De conformidade co disposto nos artigos 85 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e 44.bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, infórmaselle ás persoas interesadas que a sanción que se indica no acordo de incoación poderá estar suxeita ás seguintes reducións: o 25 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade ou de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento ou o 50 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade e de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento. A efectividade de calquera destas reducións estará condicionada á desistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso na vía administrativa contra a sanción.

O presente anuncio realízase ao amparo do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2021

Pablo Crego Gil
Funcionario da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF

Persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

SCOVID/OBARCO/0027

10013349T

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Art. 57.2.c) 1º Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) Lei 33/2011

Art. 31.2 RDL 21/2020

80 euros

SCOVID/OBARCO/0032

34257171M

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Art. 57.2. c) 1º Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) Lei 33/2011

Art. 31.2 RDL 21/2020

80 euros

SCOVID/OBARCO/0033

X9862832H

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Art. 57.2. c) 1º Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) Lei 33/2011

Art. 31.2 RDL 21/2020

80 euros

SCOVID/OBARCO/0044

21075696Z

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Art. 57.2.c) 1º Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) Lei 33/2011

Art. 31.2 RDL 21/2020

80 euros