Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 23 de agosto de 2021 Páx. 42336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba) para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica as bases de concentración.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica as bases de concentración parcelaria da dita zona, que os afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, mediante cita previa chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 6 de agosto de 2021

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración

33155756Z

Resolución modificación bases

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)

76458653Y

Resolución modificación bases

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)

79328010K

Resolución modificación bases

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)

33227174V

Resolución modificación bases

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)