Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 23 de agosto de 2021 Páx. 42332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan uns propietarios da zona de concentración parcelaria de Fisteus (Curtis), para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica as bases de concentración.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica as bases de concentración parcelaria da dita zona, que os afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, mediante cita previa chamando ao teléfono 981 18 46 43, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 4 de agosto de 2021

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración

33058204M

Resolución de modificación de bases

Fisteus (Curtis-A Coruña)

33058508X

Resolución de modificación de bases

Fisteus (Curtis-A Coruña)

33057910X

Resolución de modificación de bases

Fisteus (Curtis-A Coruña)

33058873F

Resolución de modificación de bases

Fisteus (Curtis-A Coruña)

38115117T

Resolución de modificación de bases

Fisteus (Curtis-A Coruña)

78783115L

Resolución de modificación de bases

Fisteus (Curtis-A Coruña)

33144883C

Resolución de modificación de bases

Fisteus (Curtis-A Coruña)

76476599N

Resolución de modificación de bases

Fisteus (Curtis-A Coruña)

76501408G

Resolución de modificación de bases

Fisteus (Curtis-A Coruña)

33144856Q

Resolución de modificación de bases

Fisteus (Curtis-A Coruña)

Ares Regueira, Antonio

Resolución de modificación de bases

Fisteus (Curtis-A Coruña)