Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 20 de agosto de 2021 Páx. 42040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se notifica a resolución do expediente RESCAZ 004/2021.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos/ás interesados/as que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente RESCAZ 004/2021.

O acto adoptouno a Directora xeral de Patrimonio Natural.

Os/as interesados/as poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, situadas na rúa San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2021

A directora xeral de Patrimonio Natural
P.D. (Resolución do 30.7.2021)
Tomás José Fernández-Couto Juanas
Subdirector xeral de Espazos Naturais

ANEXO

Expediente

DNI

Acto notificado

Acto adoptado por

RESCAZ 004/2021

76609425J

Resolución

Directora xeral de Patrimonio Natural