Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 20 de agosto de 2021 Páx. 42071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de agosto de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto construtivo de reposición do acceso ao camiño municipal afectado pola construción das obras da VG-3.1. P.q. (punto quilométrico) 2+700. San Cibrao das Viñas, de clave OU/21/025.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 27.7.2021, aprobouse provisionalmente para información pública o contido do proxecto construtivo de reposición de acceso a camiño municipal afectado pola construción das obras da VG-3.1. P.q. 2+700. San Cibrao das Viñas, de clave OU/21/025.06.

Tras a execución da nova estrada VG-3.1 e a reposición da estrada provincial OU-0516 na contorna do p.q. 2+700 da VG-3.1, o camiño municipal interceptado deixou de ter acceso a OU-0516; polo tanto, a actuación proxectada consiste na reposición do acceso do camiño municipal ao novo trazado da estrada provincial OU-0516, executando un novo treito de camiño que conecte o actual co camiño de servizo da nova VG-3.1.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Ourense (rúa Sáenz Díez, 1, 32071 Ourense) e na Casa do Concello de San Cibrao das Viñas (Pza. da Constitución, 1, 32911 San Cibrao das Viñas, Ourense). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Reposición de acceso a camiño municipal afectado pola construción das obras da VG-3.1. P.q. 2+700.
San Cibrao das Viñas

Clave: OU/21/025.06

Concello de San Cibrao das Viñas.

Referencia catastral

Pol.

Parcela

Propietario

DNI

Superficie catastral (m²)

Aproveitamento

Expropiación

(m²)

Natureza

Situación básica do solo

Clasificación urbanística

Bens afectados

1

32076A04800011

48

011

Santas Barandela, Manuel

***3964**

1.569

Matogueira-MT-07

346

Rústico

Rural

Solo rústico de especial protección forestal

2

32076A04800007

48

007

González Menor, Dolores

***8279**

1.042

Matogueira-MT-07

65

Rústico

Rural

Solo rústico de especial protección forestal

Murete de pedra (8 m)

3

32076A04800006

48

006

Feijoo Fernández, Severino (herd. de)

***1020**

1.273

Matogueira-MT-07

157

Rústico

Rural

Solo rústico de especial protección forestal

Peche de aramado metálico (8 m)