Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 19 de agosto de 2021 Páx. 41709

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR301K).

Mediante a Orde do 16 de abril de 2021, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 81, do de 30 de abril, establecéronse as bases reguladoras para o período 2021-2023 e convocáronse subvencións para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2022.

No artigo 40 desta orde recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.05.323A.460.1, 11.05.323A.471.0 e 11.05.323A.481.0, código de proxecto 2013 00545, cunha contía inicial de 44.290.269,00 €, distribuída entre as anualidades 2021 (21.299.726,00 €) e 2022 (22.990.543,00 €) procedentes de fondos finalistas do Estado.

Nos exercicios anteriores a este ano 2021, os fondos destinados á realización de accións formativas de formación profesional para o emprego procedían do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e eran distribuídos ás comunidades autónomas polo ministerio competente en materia de traballo. En aplicación do disposto no Real decreto 2/2020, do 12 de xaneiro, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, no Real decreto 498/2020, do 28 de abril, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Educación e Formación Profesional, e no Real decreto 499/2020, do 28 de abril, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Traballo e Economía Social, unha vez finalizado o ano 2020, que era un período transitorio, as cantidades distribuídas polo Ministerio de Traballo e Economía Social no ano 2021 para a execución de iniciativas de formación profesional para o emprego deberán utilizarse unicamente en iniciativas vencelladas ao Catálogo de especialidades formativas no ámbito laboral, non dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade.

Os fondos finalistas estatais destinados ao financiamento de iniciativas de formación profesional para o emprego vencelladas ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais van ser distribuídos ás comunidades autónomas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Coa finalidade de diferenciar os fondos finalistas procedentes do Estado destinados ao financiamento de iniciativas de formación profesional para o emprego para persoas traballadoras desempregadas que procedan do Ministerio de Educación e Formación Profesional, a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos creou recentemente un novo código de proxecto contable, o 2021 00149 «Formación certificable persoas desempregadas».

Deste xeito, imputaranse ao código de proxecto 2021 00149 os importes correspondentes a accións formativas para persoas desempregadas que correspondan a certificados de profesionalidade ou a competencias clave. O importe correspondente ao resto das accións formativas incluídas no Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal, que estean destinadas a persoas desempregadas, será imputado ao código de proxecto 2013 00545.

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de accións formativas que van ser subvencionadas, xa que cumpren coas condicións establecidas nas bases reguladoras e resultaron seleccionadas por aplicación dos criterios de avaliación recollidos no artigo 10 das citadas bases, cómpre realizar unha redistribución do crédito entre as distintas aplicacións orzamentarias e códigos de proxecto, en función do tipo de entidade que vai impartir a formación (empresas, entidades locais ou entidades sen ánimo de lucro) e do tipo de formación subvencionada (certificados de profesionalidade, competencias clave ou especialidades incluídas no Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal).

De acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR301K), redistribuíndo o crédito previsto na dita orde para as anualidades 2021 e 2022 da seguinte maneira, sen variar o orzamento total:

Anualidade 2021

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento

final

11.05.323A.460.1

2013 00545

2.657.043,00

-2.654.481,67

2.561,33

11.05.323A.460.1

2021 00149

1.272.342,12

1.272.342,12

11.05.323A.471.0

2013 00545

12.326.555,00

-11.893.662,59

432.892,41

11.05.323A.471.0

2021 00149

16.459.507,86

16.459.507,86

11.05.323A.481.0

2013 00545

6.316.128,00

-6.169.561,69

146.566,31

11.05.323A.481.0

2021 00149

2.985.855,97

2.985.855,97

Total

21.299.726,00

21.299.726,00

Anualidade 2022

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento

final

11.05.323A.460.1

2013 00545

2.013.665,00

-1.978.201,33

35.463,67

11.05.323A.460.1

2021 00149

1.978.201,38

1.978.201,38

11.05.323A.471.0

2013 00545

13.626.187,00

-13.325.335,66

300.851,34

11.05.323A.471.0

2021 00149

13.325.335,69

13.325.335,69

11.05.323A.481.0

2013 00545

7.350.691,00

-7.138.821,61

211.869,39

11.05.323A.481.0

2021 00149

7.138.821,53

7.138.821,53

Total

22.990.543,00

22.990.543,00

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2021

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Colocación