Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 19 de agosto de 2021 Páx. 41773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 9 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o proxecto de restauración do permiso de investigación de recursos da sección C) Puga 94, número 4745, sito no concello de Toén.

Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese a información pública o proxecto de restauración do permiso de investigación de recursos da sección C) Puga 94, número 4745, sito no concello de Toén, solicitado por José Ramón Rodríguez González.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán consultar o proxecto nas dependencias desta Xefatura Territorial (rúa Curros Enríquez, 1º, 3ª, 32003 Ourense), ou ben no portal de transparencia da Consellería https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras e poderán presentar alegacións no prazo de trinta (30) días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, presentándoas en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 9 de xullo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense