Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 18 de agosto de 2021 Páx. 41622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2021 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional para o persoal laboral, realizadas fóra de prazo durante os meses de maio, xuño e xullo de 2021, e se procede á súa notificación.

Na actualidade o sistema de carreira profesional recollido na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), non foi aínda obxecto de desenvolvemento regulamentario.

O sistema de carreira profesional foi aprobado con base na sección quinta da Orde do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG núm. 19, do 28 de xaneiro de 2020). No dito acordo recóllese que no ano 2019 se realizaría un recoñecemento extraordinario do grao I da carreira profesional.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 28 de marzo de 2019 publicouse o acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais: CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 62, do 29 de marzo de 2019).

O prazo para solicitar o recoñecemento extraordinario era de 4 meses contados desde o dia seguinte ao da publicación do acordo, sen que se realizase ningunha outra convocatoria para o recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

As solicitudes sinaladas no anexo foron presentadas fóra de prazo.

En vista do anterior, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución, presentadas no ano 2021 para acceder ao grao extraordinario I do sistema de carreira profesional, por estar presentadas fóra do prazo establecido, e proceder á súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

NIF

Apelidos

Nome

Data solicitude

***5219**

Figueroa Rebón

Francisco

20.5.2021

***6603**

Vilariño Rey

José Antonio

21.5.2021

***6391**

Del Puerto Vilas

Juan Tomás

15.6.2021

***3517**

Carballo Cela

Mª Alicia

23.6.2021

***5115**

Regal Sánchez

Manuel

23.6.2021

***3750**

Castro Vázquez

María

30.6.2021

***4427**

Miragaya Paz

Mª Josefa

6.7.2021

***5447**

Mourelo López

Carlos

6.7.2021

***5860**

Fernández Ares

José Luis

23.7.2021