A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Emprego e Igualdade xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Emprego e Igualdade e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na mesa de negociación correspondente da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de xullo de 2021, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Emprego e Igualdade nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Clasificar de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:
Código do posto |
Denominación do posto |
Criterio |
EM.C04.00.000.15770.050 |
Unidade Administrativa de Igualdade |
– Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia: Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo. |
EM.C04.00.000.15770.080 |
Xefatura Servizo de Verificación de Fondos |
|
EM.C06.00.000.15770.005 |
Xefatura Servizo de Observatorio do Emprego |
|
EM.C06.00.000.15770.050 |
Unidade Sist. Información Servizo Público Emprego |
Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de xullo de 2021, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Emprego e Igualdade, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2021
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Ordo do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública