Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 18 de agosto de 2021 Páx. 41619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 4 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o depósito do prezo xusto pola expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto do parque eólico Serra das Penas (expediente 079-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo de solicitude de cita no teléfono 982 88 90 87, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial en Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 4 de agosto de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 079-EOL.

Denominación: parque eólico Serra das Penas.

Acto notificado: depósito de prezo xusto pola expropiación de bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico Serra das Penas.

Predios

Interesado

294, 304, 386, 387, 422

Purificación López Gómez

406

Lorenzo López Rodríguez