Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2021 Páx. 41383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 2 de agosto de 2021 polo que se notifica a proposta e as resolucións relativas ao procedemento de cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio a proposta e as resolucións relativas ao procedemento de cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

A persoa interesada pode coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias de Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Procedemento

DNI da persoa interesada

Acto que se notifica

20093600020-2018-8666

Incorporación de predio con vocación agraria ao Banco de Terras de Galicia

76987896L

Resolución da cesión temporal de predios

20071500267-2019-9506

Incorporación de predio con vocación agraria ao Banco de Terras de Galicia

44089979Z

Resolución da cesión temporal de predios

20072700623-2018-8166

Incorporación de predio con vocación agraria ao Banco de Terras de Galicia

33822136S

Proposta de resolución por desistencia da cesión temporal