Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2021 Páx. 41402

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO de xestión da biomasa.

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio».

Á vista de que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos ou ben resultou infrutuosa a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas parcelas que se describen a continuación:

Nº de expediente

Titular catastral

Referencia catastral

Lugar

Parroquia

249/2020

Claudina Sotelino Prego

36030A066003020000MF

Faraufo

Frades

256/2020

Enrique Mayán Ferreira

36030A066000680000MB

Devesa

Frades

288/2020

Dolores Otero Barral

36030A069006230000MX

Eiras

Gargamala

289/2020

Francisco García Barral

36030A069006240000MI

Eiras

Gargamala

290/2020

Dolores Otero Barral

36030A069006250000MJ

Eiras

Gargamala

291/2020

Herdeiros de Hermosinda Bouza Rivas

36030A069006260000ME

Eiras

Gargamala

292/2020

Ambrosio Rivas Vedrelo

36030A069006270000MS

Eiras

Gargamala

351/2020

Luisa Prieto Domínguez

36030A011011260000MP

Coto

Meirol

352/2020

Adolfo Bouza Lorenzo

36030A069006290000MU

Seiras

Gargamala

369/2020

Herdeiros de Visitacion Arjones González

36030A053000050000MJ

Cascalleira

Riofrío

382/2020

José Sánchez Álvarez

36030A074005370000MO

Borracei 

Sabaxáns

478/2020

Herdeiros de Rodríguez Pregal

36030A012008530000ME

Eido V

Meirol

494/2020

Francisco Javier Casares Faro

36030A020004330000MT

Lubián

Mondariz

499/2020

María Isabel Alfaya Sousa

36030A065001500000MS

Cabadas

Vilar

533/2020

En investigación

36030A059010080000MQ

Alomba

Sabaxáns

634/2020

Herdeiros de Ascendina González Toucedo

36030A067004640000MG

Soutiño

Gargamala

692/2020

En investigación

36030A060001020000MI

Cabo Bouzas

Toutón

693/2020

María Garrido Montes

36030A060000230000MQ

Arieiro

Toutón

695/2020

José Costal Represas

36030A036005460000MK

Arco

Mondariz

701/2020

En investigación

36030A059010140000MT

Merexa

Sabaxáns

706/2020

José Costal Represas

36030A036003430000MY

Parde Secas

Mondariz

708/2020

José Costal Represas

36030A036003410000MA

Apazán

Mondariz

859/2020

Nelso Rivas Míguez

36030A068001050000MJ

Taberna

Gargamala

866/2020

Herdeiros de Manuel Castro Sordera

36030A071004310000MZ

Carballeda

Gargamala

406/2021

Maximino Amoedo Barros

36030A056007800000MB

Castro

Riofrío

405/2021

Vecinos de Riofrío

36030A056007790000MG

Coto De Lobo

Riofrío

408/2021

María Alfaya Otero

36030A056007820000MG

Magdalena

Riofrío

411/2021

Vecinos de Riofrío

36030A056007910000MM

Coto De Lobo

Riofrío

En virtude do anterior, comunícase que na acta de inspección realizada comprobouse que nas referidas parcelas incúmprese o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Por tanto, disponse dun prazo máximo de 30 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o devandito prazo, e en caso de que persista o incumprimento, o concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.4 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, pola presenza dunha ordenanza municipal ao respecto (Ordenanza reguladora de limpeza de terreos, xestión de biomasa forestal e das distancias de plantación para a prevención e a defensa contra incendios forestais do concello de Mondariz, do 13 de decembro de 2018) para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao Pleno do Concello, de conformidade co establecido no artigo 21 ter.2 desta lei:

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Recursos: contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía deste concello, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, conforme o artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de optarse por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, e entenderase desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal; poderán entón os interesados interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

Mondariz, 27 de xuño de 2021

Xosé Emilio Barros Bello
Alcalde