Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2021 Páx. 41376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación da modificación do acordo, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria da Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de 10 días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas citadas no anexo, poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural situadas na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro do acto que se notifica.

Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social previstas con motivo da pandemia causada pola COVID-19 para efectuar a referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 2 de agosto de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Persoa interesada

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

00472582R

Modificación acordo

A Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense)

76702740V

Modificación acordo

A Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense)

34997391Q

Modificación acordo

A Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense)

34956523L

Modificación acordo

A Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense)