Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2021 Páx. 41392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de xullo de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción: Construción de glorieta e acondicionamento de travesía na AC-550, puntos quilométricos (pp.qq.) 71+100-72+400 (Noia), de clave AC/20/077.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

Por resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 22.6.2021 realizouse a aprobación provisional do proxecto de construción: Construción de glorieta e acondicionamento de travesía na AC-550, pp.qq. 71+100-72+400 (Noia), de clave AC/20/077.06.

O presente proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade viaria na AC-550, no treito de actuación, para o cal prevé a construción dunha glorieta na actual intersección en cruz sen canalizar existente no p.q. 71+100 da estrada AC-550, así como un acondicionamento desta entre os pp.qq. 71+100 e 72+400, consistente na renovación da capa de rodaxe da calzada e a redistribución da sección transversal desta, dotándoa dun itinerario peonil accesible polo menos nunha das marxes do treito considerado.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, será por un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), e na Casa do Concello de Noia (rúa Rosalía de Castro, 2, 15200 Noia, A Coruña). Así mesmo na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción

Construción de glorieta e acondicionamento de travesía na AC-550, pp.qq. 71+100-72+400 (Noia). Clave: AC/20/077.06

Concello de Noia.

Nº de orde

Referencia catastral

Titular

DNI/NIF

Superficie catastral

(m2)

Clase

Uso principal

Afeccións (m2)

Expropiación

Aproveitamento real

1

9386306NH0398N0001PK

Iglesias Roo, Elías Manuel

Hermo Nimo, Josefa

***8126**

***9097**

800,00

Urbana

Residencial

38,80

Urbano residencial sen edificar

2

9386307NH0398N0001LK

Martínez Baña, Constantino

***1067**

1.075,00

Urbana

Residencial

93,60

Urbano residencial sen edificar